Mortal por unha milésima

inmortalidade1X. Ricardo Losada. Cando lles digo aos alumnos que Platón, xa de mozo, ansiaba a inmortalidade, míranme como se lles estivese a falar de algo anticuado. Por iso se estrañan tanto cando, de seguido, lles dou a ler textos de científicos actuais, como o inventor Ray Kurzweil (gañador da medalla nacional de Tecnoloxía e Innovación de EEUU), nos que se afirma que o principal obxectivo da ciencia actual é derrotar a morte e garantir aos humanos unha mocidade eterna. E xa non vos digo nada cando lles revelo que Google ten unha compañía chamada Calico cuxo principal obxectivo é solucionar o tema da morte. Educados nunha sociedade capitalista, os alumnos cren que se alguén mete pasta, como din eles, nun proxecto, é porque pode ser viable. Entón, creado xa o marco necesario para captar o seu interese, pregúntolles polo seu concepto de inmortalidade, e se consideran desexable ser inmortal.

Hai, por suposto, todo tipo de posturas, pero predominan os alumnos aos que lles gustaría vivir moitos anos (cincocentos, mil) pero non eternamente. A eternidade sería insufrible, din, por eternamente aburrida. Entón pregúntolles se a alternativa, a morte, sería máis divertida. Normalmente quedan desorientados, e non contestan. Son moi novos e, por defecto, a súa mente está programada para imaxinar a vida, non a morte. É unha das mellores experiencias que teño como profesor. Ver como cambia a expresión da cara dun mozo cando se imaxina, por primeira vez na súa vida, como sería a experiencia da morte.

inmortalidade2Aínda así é moito máis significativa a reacción dos alumnos aos que lles gustaría vivir eternamente cando lles digo que se algún día a ciencia vence a morte, máis que inmortais seriamos, como di Y.N. Harari, amortais. Non morreriamos de enfermidades pero si de accidentes ou agresións. En principio parécelles un mal menor asumible, pero en canto lles revelo que, como consecuencia, viviriamos nun estado de ansiedade permanente, a cousa cambia. Hoxe non nos importa, aclárolles, subirnos nun coche ou nun avión porque, ao fin e ao cabo, só nos xogamos uns poucos anos de vida, pero se fósemos amortais, xogariámonos a eternidade. Tamén quedan desorientados pero, neste caso, sempre hai algún que di que esa angustia é a mesma que eles sofren como estudantes. Pasan as vinte catro horas do día pensando que fan porque se unha tarde estudan un minuto menos porque se quedan a falar cun amigo e en vez dun 9´766 sacan un 9´765, esa milésima pódelles impedir facer a carreira que queren. Se a inmortalidade vai diso, conclúe o alumno coa anuencia de toda a clase, que lle dean a Platón. Prefiro ser mortal.

4 comentarios en “Mortal por unha milésima

  1. Era de Epicuro, se me había olvidado, ( las clases cognitivas parece que no me dan mucho resultado ). Estoy de acuerdo contigo. Cuándo la pena es por un ser querido, el filósofo no tiene razón. Yo también lo he vivido en carne propia y no estoy de acuerdo con el para nada.
    Vivir eternamente aquí, creo que no, a no ser que tuviésemos garantizado el bienestar. Al fin y al cabo el hombre es un ser para la muerte, y nacer ya es comenzar a morir. El dolor de muelas seguramente lo soportaría. Si solo fuese eso …
    Y referente a lo que me preguntas al final, aunque a veces con muchas dudas, te diré que sí. Aunque no creo en el infierno, en absoluto, otra vida más placentera, es posible que la alcancemos. Ya lo ves, no te sorprendo. Recuerdo una frase de Fernán Caballero que decía : ” Si la fe no fuera la primera de las virtudes sería siempre el mayor de los consuelos ” Y a ese consuelo nos aferramos los creyentes. San Pablo también nos dice que la fe es la sustancia de las cosas que se esperan; la demostración de las cosas que no se ven. Y como la fe y las ideas están libres de impuestos… Creamos en ellas.
    Es tan arriesgado creerlo todo como no creer nada.
    Saludos cariñosos palmeiráns.

  2. 1- Esa frase de Epicuro é máis útil para a morte propia que para a morte
    dos seres queridos. Cando morren os seres queridos, Epicuro non ten razón.
    Nós e a morte convivimos.
    2- Hai momentos da miña vida que me gustaría volver a vivir. A eternidade garantizaríamo. Só por iso preferiría ser inmortal (sempre que haxa poucas dores de moas, por suposto).
    3-Supoño que, como persoa crente, queres ser mortal para resucitar noutra
    realidade ou, como diría Xoán Paulo II, noutro estado de ánimo. Non é así? En caso
    contrario, sorprenderíame.
    4-Que atinada de novo a greguería!!!!
    Apertas

  3. Yo también prefiero ser mortal querido profesor, prefiero la caducidad , que la muerte de la muerte. Hoy precisamente cuando venía de vuelta en el avión para casa, pensé en ello, y no tuve miedo, soy de las que prefieren la muerte rápida aunque sea a una edad más temprana , que la longevidad de Tiziano o Matusalém pero sufriendo lo indecible, porque es mejor una muerte rápida y dulce, que una larga vida pero con una antesala cruel.
    Recuerdo que escribiste algo hace tiempo de un filósofo no recuerdo su nombre que decía algo así : ” La muerte es algo que no debemos temer porque, mientras somos, la muerte no es, y cuando la muerte es, nosotros no somos ” . Bueno creo que no era así exactamente pero, el significado sí.
    Te dejo que hoy estoy muy cansada, pero quiero finalizar con una greguería de Gomez de la Serna ” En realidad los seguros de vida son seguros de muerte ”
    Besiños palmeiráns
    P.D. Os he echado de menos , saludos a todos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>