Guasap ao Vaticano

guasapDomingo Regueira. O camiño das almas vese coma un «i» grego que bifurca, metade para a dereita (o Ceo), metade para a esquerda (o Inferno). A cuestión é que o Ceo estase volvendo un páramo, un deserto deprimente, monótono e aburrido e, como tal, dende aló, mandáronlle un guasap ao Vaticano preguntando a ver que diaños estaba pasando por alí. Ao final, viñan querendo dicirlle que «porque agora todos tiran voluntariamente para a esquerda, alegando que os engaiolastes coa democracia, coas preferentes, coas pensións; subíndolles a luz, os impostos; minguándolles a sanidade, a educación, a auga e a liberdade.

Náufragos, refuxiados e famélicos, chegan mortos de frío botando pestes contra nós, dicindo que levan dou mil anos de fochas. E, para máis, o Papa anda dicindo por aí que non hai inferno e que o de Adán e Eva foi un conto.

Aquí nunca tal pasou. Desfilan diante nosa xesticulando mil extremonías, cuspindo insultos e cortes de manga.

Agora aquí non entran máis de catro beatas chochas que aínda pensan que despacho a embarcación. Unha tróuxome de exvoto un liñó das fanecas; e outra toliña díxome que quería traerme a dorna do finado, pero que entre escoras, remos e vela era moito trasfego. Por outro lado, o Inferno rebenta de xúbilo. Están coma no aeroporto, a esperar uns polos outros.

Dicirvos tamén que coa proliferación de activistas, mercenarios, cascos brancos e azuis, isto mete respecto. Xogan ao fútbol en campos de 40 millóns de almas e non se cagan en Lucifer por medo a que os boten para aquí.

O outro día fixéronnos un escrache. Coláronse por un furado da rede que xa vai vella e, con tixolas e tarteiras, botáronnos a foliada: «Vaite lavar porcona…». Pregunteilles aos revisores -que veñen sendo curas, bispos, arcebispos, políticos e algún que outro presentador- que que viña a ser aquilo; pero engruñáronse de ombros.

Mandeille unha queixa ao Demo, moi respectuosa e cortés, que rematei con s. s. s. q. ll. b. a. m.; e el contestoume dicindo que algo lles fariamos, rematándoa coa seguinte abreviatura: s. s. s. q. ll. b. o. c.

Tamén contan por aquí que non vos recatades nos boatos: traxes de cola, xoias, cocidos ben regados -cando o xefe, co saio roído, daba exemplo de humildade e austeridade naquelas metafísicas ceas de coresma, sen febra, sen prebe e co viño racionado.

Xa vedes como nos vai. De seguir así, teremos que pechar. E logo, a ver que lle ides contar aos pobres para que vos enchan os cepillos. Chao, chao!».

3 comentarios en “Guasap ao Vaticano

  1. Hola, noso:
    Bueno, he leído muy atentamente tu respuesta y ante todo te agradezco que me hayas contestado tan rápido y amablemente. A mí de política no me gusta hablar así a la ligera, porque, hablar de política y de fútbol, trae malas consecuencias y a mí me gusta la paz. Tengo totalmente prohibido hablar de ello en la mesa. Lo que sí te recrimino es que siempre te metes con la Iglesia. Yo sé que tiene infinidad de defectos ( acabo de leer un libro que se llama ” O anxo negro ” que así me lo confirma ) pero tiene también muchísimas virtudes. Tú, sabes igual que yo, que ayuda a mucha gente necesitada a través de comedores sociales, como es Cáritas y otros. Entonces no pongamos en la balanza solamente lo negativo, sepamos ver también y valorar lo positivo, porque ser equitativo es de justicia.
    Gracias por recordarme lo de las siglas, hace tanto tiempo que no utilizamos terminologías tan rimbombantes que solo recordaba lo de las tres erres.
    Y para acabar, te reto a que escribas un artículo en positivo, quiero recordar al vecino que siempre he tenido, amable, simpático y optimista. Abandona esa camisa de fuerza que te oprime y verás como te sentirás mejor. Lo espero.
    Un biquiño, noso Mingucho.

  2. Apreciada e querida Magda.
    Xa sabes que para min, é un pracer comunicarme contigo. ¡Vamos o choio!
    —¿Que ten que ver o Vaticano? —preguntas.
    Pois tenche que ver, que o presidente é xesuita, e os xesuítas neste intre son os amos do mundo. Fíxate como os rothschiles, Rockefeller, Trump e outros xudeus, pasan por alí para recibir ordes.
    Apartaron a Ratzinger, por que era dominico e tamén porque ia un pouco chocho para controlar os tempos que se aveciñan, xa que neste intre, requirían un papa máis espabilado.
    Moitos de nós témolo cerebro coma un ladrillo. Fosilizado pola fe que nos impuxeron de pequenos, e non tan pequenos.
    Ao parecer, o Vaticano está montado nunha gran mentira. Recoméndote —si a túa liberdade de conciencia cho permite—, ler algo sobre un libro recentemente publicado titulado: “Año 303, Inventan el cristianismo” de Fernando Conde.
    Dígoche o de “liberdade de conciencia” porque os que fomos instruídos nesa doutrina, parécenos unha herexía o feito de discrepar sobre ela.
    Sigo:
    A xente deixou de falar do TTIP por que pensa que quedou abortado, sen darse conta, que xa nos teñen pillados. España xa non é nosa. E os nosos políticos son unhas monas que non teñen poder de decisión algunha.
    Aparte de centos de exemplos que podía expoñer, recórdoche os recentes contadores intelixentes que andan cambiando pola parroquia. Isto demostra quén manda neste glorioso reino, para que dende o Goberno se decrete o cambio dos analóxicos polos dixitais, en favor da multinacional —que vai a despedir os lectores—, i en prexuízo da plebe que vai a pagar o que lle poña a computadora dende World Trade Center.
    No me estrañaría que a pouco, restauren vixilia, bula, excomuñón inquisición e desterro.
    Entre Chinos, árabes e ianquis teñen ocupado o territorio: Polígonos industriais, Ibex 35, bancos, bases militares, e Clubs de fútbol; Todo está controlado por eles. Ata o punto —como anécdota—, que os emiratos, fixéronlle quitar a cruz a coroa que culmina o escudo do Real Madrid.
    Estámoche listos.
    Concluíndo: Que o Novo Orde Mundial, xa fai anos que nos invadiu.
    Con relación as “sss”, supoño que a estas alturas xa ves de volta:
    s. s. s. q. ll. b. a. m. (Seu seguro servidor que lle bica a man)
    Unha aperta amiga.
    Que o Demiurgo me colla confesado.

  3. ¡¡ Hola noso Mingucho !! Siempre es un placer leerte pero, me encantaría toparme alguna vez con un artículo más optimista.
    Ojalá que un día, yo, me encontrase en esa bifurcación tirando por el camino de las viejas chochas, ( lo más tarde posible pero por ahí ) Lo que no entiendo ( ya sabes que a los trece años desde tu ventana me veías sentada delante de una máquina y no he podido desarrollar más las entendederas ) es, que relación guarda el Vaticano con las pensiones, agua, luz, preferentes y libertad. Espero que me desatasques la mente porque debo tenerla muy embotada y no logro alcanzar esa conexión. Y si no he conseguido entenderlo, imagínate el remate de la queja a Belcebú ¡ un puro jeroglífico !. Sólo he llegado hasta ” Su seguro servidor ” ( que deben ser las tres eses ) espero y deseo que tengas a bien contestarme para aclararme esas abreviaturas porque me has dejado muy intrigada y me encanta aprender de personas como tú.
    Me ha gustado recordar la canción ” … porcona vaite lavar ” estoy segura que si te leen ” los revisores ” hasta puede que le echan un ” aturuxo “.
    Biquiños Mingucho. Por la noche cuándo vaya a caminar por el puerto a lo mejor tengo la suerte de dártelos personalmente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *