De obxectos e outros seres

floresPatricia Torrado Queiruga. Era un home como tantos outros, facía decote as mesmas cousas rutineiramente, día tras día. Aquela mañá pasou diante dun escaparate e viu un floreiro que creu que se adecuaba ao que estaba buscando. Ao chegar á casa púxoo sobre o sitio máis visible de todos e colocoulle un ramo de flores, as máis fermosas e recendentes que atopou. Esa noite organizou unha cea cos amigos, e os que acudiron gabaron a beleza da peza, as súas formas, a elegancia natural, a delicadeza. O home sentiu medo, sacoulle as flores e púxoo nun lugar agochado, onde non chamase a atención.

Non quería que ninguén puidese velo, gozalo e moito menos desexalo. Sentíase como cando era cativo e acababa de recibir un novo xoguete que non quería compartilo con ninguén; lembraba que para non deixárllelo aos demais rapaces do parque agochábao como podía para que nin sequera llo visen.
Días máis tarde, no traballo, recordáronlle o fermoso que era o vaso e a sorte que tiña por poder telo consigo. El limitouse a sacarlle importancia, dicindo que era laido e sen graza: un cachifallo coma calquera outro.

Debullábanse as últimas horas da tarde cando decidiu que recollería os cachos do chan, pois velos por alí tirados mancábano. Pola noite, logo de moitas voltas no catre, non puido cos remordementos, e pegou os seus anacos mentres pensaba que a culpa non fora súa por escangallalo, senón da propia figura por permitir que outros a visen en todo o seu esplendor; deixouno xunta a fiestra e foi durmir.

flores2O vaso, que parecía un obxecto inanimado -que non sufría nin padecía-, viuse reflectido no cristal e recordou que tiña sentimentos. Nese momento descubriu a súa verdadeira forma: Era unha muller, unha persoa, e non un obxecto como aquel ser lle fixera crer durante moito tempo.

Que cruel e desapiadado fora durante todo aquel tempo! Arrebatáralle co seu egoísmo o sorriso primeiro, o da ledicia. E desposuíraa do impulso de se arredar de quen a convertera nunha malpocada e agora só faltaba que lle quitase a vida. Non estaba disposta a permitilo.

Aquel ser inmundo tivera na súa man a posibilidade de ser feliz, facéndoa feliz, mais preferiu machucala e arrincar dende o talo unha flor. Pouco sabía el que a fragrancia dun intre non se conquista, disfrútase!

11 comentarios en “De obxectos e outros seres

  1. ¡Vaya diatriba la que os traéis con eso de quién realizó más grande sacrificio! En aquellos tiempos puede que la mujer, puesto que en los cánones estéticos no se concebía una dama sin una larga cabellera. Pero en cualquier caso nunca sería medible el grado de sacrificio de cada uno.
    Aunque os parezca mentira y, a pesar de los muchos episodios de índole machista que vemos a través de los medios de información, hay otras muchas parejas en las que queda de manifiesto la enseñanza del cuento de Tagore. Por suerte, conozco unas cuantas.
    Pero hay algo de lo que nunca se habla: el caso opuesto al machismo -lo correcto sería llamarle hembrismo, pero el tal vocablo me suena fatal-. Está claro que el hembrismo existe, aunque sin llegar a un desenlace cruento. Sólo conocí un caso en el que la mujer le pegó varios tiros al marido y se consideró “locura transitoria”. Estoy convencida de que el veredicto fue justísimo. Me pregunto si el jurado utilizaría el mismo rasero si el acusado fuese un hombre.
    A mi parecer, si no se conocen casos de hembrismo es a causa de un machismo mal entendido: al hombre se le hace muy difícil reconocer que ha sido ultrajado por una mujer. Me estoy refiriendo, en la mayor parte de los casos, a un maltrato psicológico.
    Y aquí me planto, porque me estoy metiendo en cuestiones que no domino pero que no me pasan desapercibidas.
    Moi boas noites.

    1. Carmen, coido que non existe tal diatriba que nos achacas, senón que simplemente foi unha maneira de reflexionar a partir do texto que Magdalena achegaba, pois sempre está ven poder mirar dende diferentes lugares unha mesma cousa, para que non se nos esqueza que outras visións son posibles e outras interpretacións tamén. Así mesmo, alégrame que un texto pequecho poidese dar para esta sinxela pero productiva reflexión por parte dos que entramos nela. Ti mesma, nos achegas esa outra visión non só centrada no machismo. Grazas mil

  2. Hola, Patrícia:
    1- Yo creo que la fe, siempre es positivo tenerla, y no me refiero a la fe en Dios, eso ya es cosa de cada quien. Pero sí, en la humanidad. Es verdad que a veces recibimos palos de quién menos esperamos, pero allá su alma y su palma ( como decía mi abuela al referirse a la conciencia de otros) con fe, se vive mejor.
    2- Preguntas si los dos sacrificios fueron iguales. Yo pienso que sí. Los dos demostraron el amor que se profesaban el uno por el otro. Ella, cortando su hermoso cabello, y él, deshaciéndose de algo que quizás fuese más costoso, porque además del objeto, estaba implicito el vicio de fumar. Tagore no nos habla del look, pero sí, de ese escalofrío convertido en un sentimiento de gozo al pensar en lo feliz que haría a su amado deshaciéndose de su hermosa melena.
    3- Yo te devuelvo las gracias por haberme contestado y no te quepa duda que seguiré leyéndote.
    Un biquiño, Patricia.

    1. Sen dúbida, Magdalena. A fe ten axudado a moitas persoas na súa vida e iso non serei eu quen poida negalo. Simplemente me axudei do texto que me proporcionabas para darlle unha volta e que así poidésemos velo dende outro ángulo que nunca está de máis. Mil grazas de novo polas túas achegas, sempre en positivo.

  3. Buenos días, Patricia:
    A medida que iba leyendo tu sentido y bien llevado artículo, me fui dando cuenta de adonde querías llegar. Me ha parecido una historia relevante y muy bien encaminada. Por desgracia cada día nos encontramos con estos hechos ( que por cierto algunos hombres también son víctimas, aunque en bastante menor medida ) que parece que nadie puede erradicar. Confiemos en el sano juicio de nuestra humanidad. Si me permites, en contrapartida voy a contarte un cuento de Tagore. Se llama “Milagros del amor” y es así: – Era un matrimonio pobre. Ella hilaba a la puerta de su choza pensando en su marido. Todo el que pasaba se quedaba prendado de su cabello negro, largo, como hebras brillantes salidas de su rueca. Él iba cada día al mercado a vender algunas frutas. A la sombra de un árbol se sentaba a esperar, sujetando entre los dientes una pipa vacía. No llegaba el dinero para comprar un pellizco de tabaco.
    Se acercaba el aniversario de boda y ella no cesaba de preguntarse qué podría regalar a su marido. Y, además ¿ con qué dinero?. Una idea cruzó su mente. Sintió un escalofrío al pensarlo, pero al decidirse todo su cuerpo se estremeció de gozo: Vendería su pelo para comprarle tabaco.
    Ya imaginaba a su hombre en la plaza, sentado ante sus frutas dando largas bocanadas a su pipa: Aromas de incienso y de jazmín darían al dueño del puestecito la solemnidad y el prestigio de un verdadero comerciante.
    Solo obtuvo por su pelo unas cuántas monedas, pero eligió con cuidado el más fino estuche de tabaco. El perfume de las hojas arrugadas compensaba largamente el sacrificio de su pelo.
    Al llegar la tarde regresó el marido. Venía cantando por el camino. Traía en sus manos un pequeño envoltorio: eran unos peines para su mujer, que acababa de comprar tras vender su pipa .
    Que este ejemplo del cuento de Tagore supla con creces a los instintos de todos aquellos que destrozan jarrones por sentirse dueños de lo que no les pertenece.
    Un besiño Patricia.

    1. Benquerida Magdalena; que interesante o texto de Tagore que me traes.
      Pero primeiro déixame que che diga que eu non che son moito de fe, e menos na humanidade (á vista de como a xente reacciona nas redes polo atentado das Ramblas pero non polos moitos outros que se teñen perpetrado ao longo do pasado mes en outros países, mais non nos tocan preto e non son noticia, non interesan).
      En canto ao texto de Tagore en sí, milagres do amor, é moi suxerente se queremos falar dos sacrificios do amor, mais foron os dous sacrificios iguais? Vexamos, se me permites, unha análise somera.
      Eran pobres, mais el tiña pipa para o tabaco, e ela tiña mágoa de que el non puidera darlle uso.
      Precisaba el que o seu posto cheirase a tabaco para ter maior credibilidade como comerciante? Ou iso só o pensaba ela? Se o quería ben, seguro que prefería que non fumase, por aquilo da saúde,…
      En troques, ela para conseguirlle o tabaco sí prescinde de algo propio, de algo inherente a ela, o seu pelo. Coñezo casos de mulleres con cancro que o que peor levan do tratamento é o de quedarse sen pelo. Mesmamente, como ben saberás, durante a Guerra Civil moitas das mulleres que eran arrestadas eran rapadas nos cárceres para así privalas de algo de seu. Mais como Rabindranath Tagore non dí se só se fixo un cambio de look ou se se rapou non podemos dicir a que altura está o sacrificio desta muller.
      Pero non nos meteremos en fonduras, para saber quen puxo máis, pois iso é como preguntarlle a un cativo a quen quere máis se a papá ou a mamá. A cuestión é: fíxolles falta sacrificar algo aos dous para demostrarse que se querían ou simplemente o sentían?

      Sen máis, agradecerche infinitamente que tomases uns minutos para ler o relato e outros tantos para ler a resposta e facerme a túa impagable achega. Biquiños.

      1. Sinto moito meterme neste asunto. Pero, pregunto: non cres demasiado determinista a túa resposta para a suxerencia doutra muller, que ten unha mirada distinta da túa? Estamos, coido, diante dunha vella cuestión. Fai moito anos, nunha manifestación observei como a xente lle griataba aos que estaban ao lado ou simplemente cruzban a rúa, aquilo tan famoso de “xuntate”. Un pensou que sempre hai moitas formas de loitar, non só as dos que se consideran “salvadores” da humanidade, sexan estos do signo que sexan. Non sei se este é o teu caso, pero falar en nome de algo astracto é un pouco complicado, non si?

        1. Querido Gonzalo, penso que non se entendeu isto que debatiamos Magdalena e eu. Simplemente nos limitamos a expor, as dúas, dous xeitos diferentes de interpretar un texto, un máis literal e outro máis crítico; e non por iso están mal ningún dos dous, pois dun xeito sinxelo nos limitamos a falar de dous textos diferentes sen o ánimo de atacarnos e moito menos na nosa forma de pensar, ainda que últimamente a xente nas redes sociais e en diferentes blogs poida pensar que criticar algo sexa un xeito de atacar a quen o expón. Niso se ve que estamos perdendo o pé coa filosofía ao igual que coa política, xa é raro que alguén pense en criticar algo de xeito contrutivo procurando sempre expor varias visións dun mesmo asunto, tan plural coma o mundo.
          E tes razón, quizais a miña resposta é determinista en canto a que para min o fenómeno do texto de Tagore radica nas circunstancias nas que se dá, na época na que se publicou e iso era o que tentaba amosar, mais non o é en canto a que sempre coidei que a nosa vontade, ou a de algúns de nós é libre, e non se atopa preestablecida.
          Conclúo dicindo que en ningún intre se deu o caso de que a miña resposta fose un ataque ao que Magdalena achegaba, senón un xiro de perspectiva. Grazas pola túa lectura e achegas.

    1. Moitas grazas pola apreciación, Carmen. A idea deste relato xurdiu a través da cousificación do outro, neste caso da outra; pero como se aprecia no final da historia, un pouco motivada pola falta de autoestima de quen se deixa cousificar. Pois é unha lacra, a do machismo, que todos secundamos en maior ou menos medida xa desde ben pequenxs, na educación, na sociedade, na economía,… estamos inmersos nela.
      Apertas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *