O editor de libros, de Michael Grandage

editor de librosInés Otero. Esta é unha película sobre Maxwell Perkins, o editor norteamericano que consideraba que a literatura era una cuestión de vida ou morte. Max Perkins tamén é o home que, despois de estudar na universidade de Harvard, fundou a editorial Scribner, a mesma que publicou os primei-ros libros de Henry James e Edith Wharton, mellorou as páxinas dalgunhas novelas de Ernest Hemingway, como Adeus ás armas,  e publicou as dúas mellores obras dun tal Scott Fitzgerald, A este lado do paraíso e O gran Gatsby, un  mozo saído de Princeton con algunhas gotas de alcohol nas súas veas.

O editor de libros (2016) céntrase na relación de Max Perkins (Colin Firth)  con Thomas Wolfe (Jude Law). A historia comeza no ano 1929 cando o editor atopa encol do seu escritorio de Nova York un manuscrito de 1100 páxinas tecidas por un autor descoñecido, pero que baixo a súa supervisión perderá 300 e titularase O anxo que nos mira. editor2Uns anos máis tarde as discusións entre estes dous xigantes da literatura terían como tema central transformar as 5000 páxinas de Do tempo e os ríos, contidas en catro caixas de folios A4, noutra novela de éxito asegurado. Unha poda feita sempre baixo a vixilancia da súa dona (Laura Linney) e a carga crítica da amante do escritor (Nicole Kidman), que consideraba a Max Perkins só como un editor de best sellers.

A película, que  narra con habelencia a loita literaria entre Wolfe e Perkins –que aseguraba que os libros só lle pertencen a quen os escribe–, é toda unha lección artística sobre o papel deste editor que tivo que loitar co alcoholismo e o histrionismo dun autor que morreu cedo por culpa dunha tuberculose miliar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *