Ao Brasil con Noia no retrovisor

9788482887678Xerardo AgraFoxo. Admirado amigo: esta maña solleira fun ao xeriátrico para despedirme de miña nai e, coa cabeza ateigada de temas relacionados co Brasil, debruceime con dúas anécdotas ben curiosas. A primeira ten unha dimensión literaria. Conversando cunha das amables empregadas do centro souben que era de Cotobade. De súpeto veume á cabeza Nélida Piñón. Sabería que esta escritora tiña raíces nese concello? A resposta foi inmediata “É miña prima!”.  E deseguida explicoume algúns pormenores da autora de A República dos soños. Mesmo me fixo unha “encarga” para ela.

A segunda, semella máis irreal. Meu irmán despediume cunha pregunta: “Verás algún partido do Fluminense?” “Por que?”, retruqueille. “O presidente do Fluminense, Pedro Abad, é de Noia”. Entón explicoume que este home, que aparece moito no As porque Florentino lle quere fichar a súa estrela, un tal, Guilherme, é neto dun industrial de Noia, Pedro Abad, dono da fábrica Gaseosas Abad e, por certo, padriño de meu irmán.

Como ves, sempre atopas cousas que pescudar. As viaxes sempre te obrigan a levar os ollos ben abertos. Atoparei algo que contar con estas sorprendentes descubertas?

Ata pronto!

Un comentario en “Ao Brasil con Noia no retrovisor

  1. Boa viaxe, querido Xerardo. Xa sabes o que admiro iso que eu considero
    temeridade e ti nin sequera valentía. Aínda que che sorprenda, eu estiven
    en Pernambuco, un lugar mítico da miña infancia e adolescencia porque
    moitos navegantes rianxeiros falaban del como Platón falaba da Atlántida.
    Supoño que ti tamén irás por Recife e Olinda. Agardo con impaciencia a
    túa mirada.
    Apertas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *