-Se eu che dixera..
-Que me vas dicir que non saiba…
-Non mo vas crer.
-Se ti o dis…
-Alto secreto, trátase de algo moi serio.
-Non me veñas con lerias. Continue reading Conversas de escaparate. Virtudes
-Se eu che dixera..
-Que me vas dicir que non saiba…
-Non mo vas crer.
-Se ti o dis…
-Alto secreto, trátase de algo moi serio.
-Non me veñas con lerias. Continue reading Conversas de escaparate. Virtudes
Oliveira Casal. Nalgúns espertares, de cando en vez, abrimos os ollos á paisaxe. No meu recordo, a mañá do 17 de novembro de 1983 orballa con perseveranza endémica. Antes de aparcar diante do domicilio de Aurora, achégome á costa. Nos últimos anos perdín case todo o pelo. Continue reading Alén dos campos de millo
Eme Cartea. Outono do 2018. 45 días de viaxe.De Olinda –Pernambuco– a Río de Janeiro. Catro mil km de descuberta e abraio por este país “desmesurado” que é o Brasil…onde “se sente ben o pouco que é un home” (que diría Novoneyra).
Xerardo AgraFoxo, historiador, ensaísta, novelista e viaxeiro. Este é o seu terceiro libro de viaxes. Antes, Cuba (2014) e o Senegal (2018). E a cana a pescar… Un libro de aventuras e andanzas íntimas e personalizadas, ganduxado e tecido en fondo, forma, estilo e vasta información de grande interese para o lector. Continue reading Nas terras vermellas do Brasil
Ignacio Castro Rey. Unha cousa é facer un canto poético á lentitude da vida, á súa inanidade. Mesmo filmar, cousa que desespera a algún crítico, como crece a herba. Fíxose no cinema -tamén español- de mil formas e tivo o seu lugar, o seu público, a súa dignidade. Sen ir máis lonxe, lembremos aquela marabillosa En construción, de Guerín. Isto é outra historia. Ata onde puidemos aguantar, Cinco lobitos de Alauda Ruíz parécenos unha apoloxía do fin do mundo, do remate de calquera épica. Estamos desesperados, é certo, pero por agora decidimos non suicidarnos. Así que, despois dunha xenerosa espera, liscamos da sala. E entón ocorreu, xa de noite, que o ceo de Santiago era aínda inmenso. Continue reading Cinco lobitos, un millón de ovellas