Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura

“Verbas de paleta”. A forza do contraste

As Letras da Arte. ImaxeEme Cartea. Referímonos a Carme Sampedro, que acaba de expor no Centro Empresarial do Tambre a serie “ELA”, en vermello sobre negro, 20 acrílicos de gran formato fusionados cos seus poemas en galego, de temática cordial. Un conxunto coreográfico de tensión e dinamismo onde a figura aparece como conxelada no tempo a modo de proxección fotográfica, e animada pola xestual lixeireza da pincelada, de poderosa e sensual expresiviade matérica.

Sabemos que esta proposta supón unha radical mudanza na prometedora carreira desta artista plástica atrapada na súa íntima necesidade de crear Seguir lendo “Verbas de paleta”. A forza do contraste →

Carlos Pereira. Estirpe de Poseidón

As Letras da Arte.BbaleasAntonio Piñeiro. Polas vereas mergulladas da natureza vai a gran parada dos seres vivos. O ollo do arquitecto universal dispón a danza no lombo dunha estrela de mar. Cada fracción de espazo-tempo, malia o teorema euclidiano, é ocupada polo anel impreciso dunha cuncha. A danza das baleas deixa a súa trécola riseira ao lonxe. Desde o profundo soben árbores de diatomeas mentres os peixes respiran auga de cor. Delicadamente simbólica, intimamente filosófica, afervoadamente plástica, anque minuciosa, ata o extremo dun traballo téxtil, comprobei como a nova achega de Carlos Pereira concitou cualificacións apaixonadas no libro de visita. Seguir lendo Carlos Pereira. Estirpe de Poseidón →

Rosalía de Castro

rosaliaXerardo AgraFoxo. Leo este libro de Teresa Candal (A Coruña, 1975) mentres se coñece unha descuberta importantísima para todo o «rosalianismo»: o achado por parte da investigadora Sagrario Abelleira no Arquivo Histórico Diocesano de Madrid do expediente matrimonial inédito da escritora con Manuel Murguía datado en 1858. Entre os documentos inclúese a declaración notarial feita en xuño de 1843 pola súa nai, Teresa de Castro, na que afirma que a data de nacemento de Rosalía é o 23 de febreiro de 1837, e non o 24, como se viña conmemorando facéndoo coincidir co día do bautizo. Seguir lendo Rosalía de Castro →

Bailarina espírito

Goretti amosa nas vitrinas recortes de cristal-cor que integra nos seus traballos
Goretti amosa nas vitrinas recortes de cristal-cor que integra nos seus traballos

Antonio Piñeiro. Cheguei á nova sala-obradoiro de Goretti Bello contra as dez e media. Coma quen di, estaba comezando o día. Pero ela ía xa a pleno pulmón. Enriba da súa mesa de traballo, no medio e medio da exposición, había unha cunca de chocolate e as follas bosquexadas das súas novas obras. Decateime da deliciosa música que tiña posta de fondo. Moby. Creo que era Porcelain. Non o busquei. Seguir lendo Bailarina espírito →