Rosalía de Castro

rosaliaXerardo AgraFoxo. Leo este libro de Teresa Candal (A Coruña, 1975) mentres se coñece unha descuberta importantísima para todo o «rosalianismo»: o achado por parte da investigadora Sagrario Abelleira no Arquivo Histórico Diocesano de Madrid do expediente matrimonial inédito da escritora con Manuel Murguía datado en 1858. Entre os documentos inclúese a declaración notarial feita en xuño de 1843 pola súa nai, Teresa de Castro, na que afirma que a data de nacemento de Rosalía é o 23 de febreiro de 1837, e non o 24, como se viña conmemorando facéndoo coincidir co día do bautizo. Ao tempo, tamén se desbota a súa crianza en Ortoño coa familia paterna.

Esta obra de Teresa Candal é unha síntese biográfica de Rosalía de Castro onde, á par que se narran os episodios mais salientábeis da súa vida, se iluminan as páxinas cunhas fermosas acuarelas. Nos coidados textos, amais de rexeitarse a imaxe da autora de Follas novas como unha «beata sufridora», para considerala como unha «muller forte e con bastante mal xenio», tamén se destaca a causa que provocou a súa negativa escribir en «dialecto gallego»: as críticas que recibiu o artigo Costumbres gallegas no que describía a «prostitución hospitalaria», é dicir, «a hospitalidade sexual que se tería practicado nalgunhas vilas costeiras aos mariñeiros ou náufragos da súa terra. A muller ofrecida sería a esposa ou filla que non perderían a súa boa reputación. Esta hospitalidade sería por unha única noite. O escándalo na prensa foi feroz».

Sen dúbida, estamos diante dun luminoso agasallo literario. E unha oportuna homenaxe que coincide coas devanditas descubertas biográficas.

Un comentario en “Rosalía de Castro

  1. Eu teño un libro de Santiago Posteguillo que di esto:
    “El 24 de febrero de 1836, María Francisca Martinez, vecina de San Juan del Campo fue madrina de una niña que bauticé solemnemente y puse los santos óleos llamándole María Rosalía Rita, hija de padres incógnitos, cuya niña llevó la madrina, y van sin número por no haber pasado a la inclusa; y para que así conste, lo firmo. Así rellenó el acto bautismal don José con la parsimonia del funcionario eclesiástico. Las viejas paredes del viejo Hospital de los Reyes Católicos (hoy recovertido en Parada Nacional, habiendo sustituido el término “Hostal” al de “Hospital”fueron testigos de un pequeño gran secreto literario. El bautismo de Rosalía de Castro”.

    É un libro interesantísimo de Santiago Posteguillo. Non sei quen ten a razón referente as fechas pero o máis importante é, que falar de Rosalía xa é un plus.

    Que teñas un bo día, apreciado Xerardo,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>