Arquivo da categoría: Elisa Lobeira

Silencio percutido

silencio1Elisa Lobeira. Vén Eva Veiga de gañar o XXXI Premio de poesía Cidade de Ourense 2015 e agora Espiral Maior edita o poemario, Silencio percutido, nun ano no que tamén edita outro poemario, Soño e vértice. Xa con once poemarios, é unha das poetas importantes do noso sistema literario, unha voz dunha gran pureza lírica, en sintonía coa modernidade pero fuxindo do hermetismo excesivo e sen confundir polifonía con cacofonía. A poesía non se explica, non predica, fálanos e debemos comprender, pero a miúdo unha comprensión coma a do soño, como a da inocencia perdida do edén, ou a dor máis alá da xustificación. Seguir lendo Silencio percutido →

Peixes na terra. Mulleres poetas arredor da Xeración do 27

peces1Elisa Lobeira. Pepa Merlo, unha granadina de 1969, coñecida como autora de contos polo libro sobre a represión franquista sobre as mulleres (El haza de las viudas, 2009), é a responsable da escolma Peces en la tierra (Sevilla, 2010), que reúne vinte poetisas que xiraron arredor dos famosos poetas da Xeración do 27 e que ten o mérito de incluír non só as autoras que todo mundo espera (Rosa Chacel, Concha Méndez, Ernestina de Champourcín, Carmen Conde e Josefina de la Torre) xunto a outras reivindicadas dende non hai moito tempo (Elisabeth Muldes, Lucía Sánchez de Saornil, a mellor das ultraísta) e outras moi esquecidas (Mª Luisa Muñoz, María Cegarra, Marina Romero, Margarita Ferreras). Seguir lendo Peixes na terra. Mulleres poetas arredor da Xeración do 27 →

Musas, mecenas, amantes

cob_col ELBA_Musas.inddElisa Lobeira. Victoria Combalía (1952), profesora de arte na universidade de Barcelona, especialista en Tapies e Miró, biógrafa de Dora Maar (2013), é autora de Musas, mecenas y amantes. Mujeres en torno al surrealismo (Barcelona, Alba, 2016), un ensaio intelixente e áxil, ás veces demasiado áxil, lonxe do academicismo, no que nos conta o ronsel de seis mulleres vencelladas ao surrealismo: Valentine Hugo, Nancy Cunard, Peggy Guggenhein, Kiki de Montparnasse (da que publicaron as Memorias en 2009), Marie-Laure de Noailles e Joyce Mansour (unha das grandes poetas e narradoras do surrealismo de lingua francesa). A unha quédalle a dúbida se hai moitos libros que falen dos homes que foron mecenas, amantes e inspiradores de mulleres. Seguir lendo Musas, mecenas, amantes →

Un bosque gaélico

antoloElisa Lobeira. Carme Rodríguez Alonso vén de publicar en Trifolium, na colección Musa pedestris, Un bosque novo. Antoloxía da poesía gaélica contemporánea (2015), en edición bilingüe e con prefacio de Manuela Palacios. Un bosque gaélico para tender pontes con outra cultura minorizada, que converte en “estranxeiros na propia patria” os falantes do gaélico. A escolma inclúe trece poetas contemporáneos, de Máirtín Ó Direáin a Celia de Fréine. Da poesía da terra, da nostalxia do edén, do paraíso perdido (cando todos falaban gaélico?) á contemporaneidade sen complexos, en diálogo con outros de sorprendente modernidade. Seguir lendo Un bosque gaélico →