Pilar Sampedro. O 30 de xaneiro, cando o calendario das Letras nos trouxo a Raimundo Patiño, un dos carteis de ilustradores que o celebraban era o de Alberto Díaz, un mozo que sen ser galego tiña conectado co mundo de Patiño na súa esencia ideolóxica e artística. El representa “O xuramento de Laracha” nunha imaxe bicolor desa noite cos catro mosqueteiros subidos aos cons pondalianos.
Conta a historia dun neno que coñece ese estraño creador e activista, que era Raimundo Patiño, a través dun tío pintor. E esta historia vai ser a que dea lugar ao cómic Bo tempo, na cuberta do cal vemos, de novo en bicolor Seguir lendo Bo tempo, de Alberto Díaz, a propósito de Raimundo Patiño