Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Arredor da morte

765796Fidel Vidal. Arredor da morte ou a morte arredor? Nesta longa tempada cando alguén falece sentimos a curiosidade de saber se foi a causa da Covid. Como se as demais importaran menos ou non estivesen de actualidade. En certas ocasións Isaac Díaz Pardo dicía que lle gustaría morrer fusilado. Sen minusvalorar a efeméride patriota, pola miña banda, participando do ecoloxismo e esquecendo a San Mamés, eu anhelaba ser comesto polos leóns como os primeiros cristiáns no circo romano. Un xeito de acadar un privilexiado posto no santoral. Seguir lendo Arredor da morte →

Murmurios (de) ausentes, de Xabier L Marqués

O Andel. Murmurius_de_ausentesFidel Vidal. O comezo da obra de Xabier L. Marqués (Murmurios (de) ausentes, coidada edición a cargo de Pastor Rodríguez, 2021), desde o seu primeiro verso fainos axustar o dial para non perder palabra: Tería que ser a vida tan interesante como se nos dixo? (p. 5). Mais, por seguir o protocolo -proto-colo, resumo pegado con cola como primeira páxina-, vén ao caso partir do verdadeiro principio, quer dicir, da mesma portada, do título que o autor lle dá a este libro. Murmurio, do latín murmurare, “dise da corrente das augas e tamén do vento, das follas”, “son brando e pracenteiro”. Murmurios, coa s tachada. Murmurar tamén significa falar mal de alguén. Aí estamos: Ti, si, ti: aquel que sabe por que bisbaban tras da porta do salón todo ángulo escuro. Ás toas. Seguir lendo Murmurios (de) ausentes, de Xabier L Marqués →

O sentido da pedra

2019-06-26-14-31-34-1200x900Fidel Vidal. Escribir sobre a pedra é sinalar a pedra fundadora na escrita (nas Escrituras), as leis iniciais na primeira pedra (alicerce) sobre a que se edifica o texto. E ese texto -e non a pedra da que fala-, será, se non eterno si algo próximo ou aproximado, na escrita. A area tamén, e o ar ateigado de po en suspensión, suspendida no tempo, na imaxinación do tempo e do temporal Seguir lendo O sentido da pedra →