X. Ricardo Losada. Cóntame un amigo que acaba de chegar de Nova York que nos círculos artísticos desa cidade a calquera que non teña conta en Twitter chámanlle ludista radical. O ludismo foi un movemento de principios do século XIX encabezado por artesáns ingleses que protestaban contra as novas máquinas (teares e máquinas de fiar) da Revolución industrial Seguir lendo Ludistas radicais
Arquivo da categoría: Ensaio
Triste erotismo matemático
Ignacio Castro. Habería que escoitar ao “último da clase”, a aquel que é un desastre para comprender unha linguaxe tan específica como o matemático. Despois os vagos de letras poden retomar o interese por unha matemática do intuitivo, das singularidades descontinuas, dos buracos negros e a indeterminación. Seguir lendo Triste erotismo matemático
Fersen
Fidel Vidal. Neste país noso subxace un ruído opaco que semella esforzarse en esquecer parte da súa máis honorable e terrible historia. Sendo cativo lémbrome dunha singular persoa de Ribeira, dun auténtico personaxe, tanto pola presenza de bébedo asustado como a maneira de se relacionar cos veciños. Un home case calvo do que se rían despois de o convidaren a uns viños. Seguir lendo Fersen
Subindo a «enxagua»
Antonio Piñeiro. Antonte lin no xornal que só o 5 % da actividade do cerebro é pensamento lóxico. Cismei para min que o resto, esoutro 95, ten que ser coma a pasta da pintura; unha miola do óso emocional que vai dar á man do pintor, do tubo mundano ao lenzo divino, cargada de paixón e arroiada dos sentidos. Seguir lendo Subindo a «enxagua»