Arquivo da categoría: Marina Losada

Invertido a calzonazos

H0f9f57af0dca403dbd5a1d09324c3d139Marina Losada Vicente. Acabo de coincidir co señor Avelino comprando bragas no mercado. Diante da súa inseguridade, fixo o pedido moi baixiño, e da distancia física que garda co xénero, como non querendo tocar algo prohibido, a miña cabeza lévame a pensar que a súa muller está impedida dalgunha maneira.

Sería meu pai capaz de facer o mesmo? Moito tería que ser! Aínda que non quere saber nada da Internet, antes pediría facer un curso acelerado para aprender a comprar na distancia Seguir lendo Invertido a calzonazos

Puntadas de trapo vello

Marina Losada Vicente. Acabo de rematar algo do que me avergoñaría cando era nova. Son agora vella? Vellos son os trapos, non querida? Pois eu hai días que mesmo me sinto así, como un trapo.

Non sentiría vergoña por facelo, que ben está, moi ben, ter iniciativa, senón polo mal que me quedou. E mira que lle puxen empeño. Do un ao dez, cos teus meus ollos de hai vinte anos, a nota sería de menos un. Empurreime en facelo e rematei. Agora podo vestir o pantalón sen medo a ensarillarme cos baixos e romper unha perna, por moito que ti te queixes, con toda a túa soberbia, que xamais reparaches nas dificultades propias dos oitenta anos. Seguir lendo Puntadas de trapo vello