Arquivo da categoría: Marina Losada

Premonición

SP0023A-y-SP0023B-VADO-PERMANENTE-e1510076338639Marina Losada Vicente. Saio do piso con Arturo, o veciño do terceiro, na cabeza. Baixo as escaleiras pensando no previsibles que chegamos a ser. Todos os días, sobre a unha da tarde, sinto algunha bucina a todo dar. Sei de sobra o que pasa, mais teño que asomarme á venta e velo cos meus propios ollos. Arturo deixou o coche atrancando a saída do aparcadoiro. Quedan cinco, seis, oito minutos de bucina. Sae do bar, borra os restos de escuma coa man e, cun sorriso de superheroe perdoa vidas Seguir lendo Premonición →

Un trinta e cinco

Sabana-King-Size-1Marina Losada Vicente. Quedou bloqueada diante da pregunta. Volveron á súa cabeza as noites nas que durmía na fronteira, presa do medo. Tanto, que cando rematou o pesadelo, non soubo volver a normalidade, nin querendo. Só unha vez -unha chamada do baleiro- atreveuse a percorrer todo o campo de batalla, que non era tanto, dous con cincuenta e seis metros cadrados, mais a desolación levou aos seus ósos a repregarse. Seguir lendo Un trinta e cinco →