Mauricia Ces Quintáns. Atrás queda o verán, coa súa calor… As hostes non marcharon. Os romanos seguen inesgotables na procura do ouro dentro da terra. As negras cordilleiras que percorren a chaira fan testemuño vivo da súa afanosa industria. Medulas antigas salpican o solo furado das montañas; abandonadas entre a vexetación apuntan ao ceo, a veces azul, a veces gris do outono os cumios isósceles Seguir lendo Ruina montium
Arquivo da categoría: Mauricia Ces Quintáns
Outro día calquera
Mauricia Ces Quintáns. –Vai á merda¡ Así de claro.
A traxedia víase vir. Unha bóla de billar fulminada polo tapete verde, dende tempo atrás; dende o primeiro, seguramente. Incluso antes. Antes, cando aínda non estaba. Pero facía as beiras. Daquela maneira. Como unha chama inflamada. Seguir lendo Outro día calquera
Parkinson
Mauricia Ces Quintáns. Toda a noite. Toda a noite, toda a noite, toda a noite; toda a noite. Toda a noite, toda a noite, toda a noite. Toda, toda a noite SEN DURMIR.
Toda a noite… Rosa, Rosa, Rosiña; Rosa, Rosa-Rosa; ROSA-ROSA-ROSA¡
Toda a noite… mamá, mamá, mamá; mamaíña-mamaíña, vinde acá, ven aquí, MAMAÍÑA-MAMAÍÑA¡ Auxilios-AUXILIOS-AUXILIOS-AUXILIOS¡ Rosa vinde acá o… Seguir lendo Parkinson
Falso
Mauricia Ces Quintáns. Agora me decato. Toda a vida celebrando o 19 de febreiro a miña onomástica. No carné pon o 20, pero é falso. Non o carné, a data. Esa foi o día que meu pai tivo tempo para me apuntar no Rexistro Civil e estaba o secretario do Xulgado. Seguir lendo Falso