Ruina montium

IMG_20201002_193608Mauricia Ces Quintáns. Atrás queda o verán, coa súa calor… As hostes non marcharon. Os romanos seguen inesgotables na procura do ouro dentro da terra. As negras cordilleiras que percorren a chaira fan testemuño vivo da súa afanosa industria. Medulas antigas salpican o solo furado das montañas; abandonadas entre a vexetación apuntan ao ceo, a veces azul, a veces gris do outono os cumios isósceles, parcialmente derrubados pola acción da auga. A topografía sobre o terreo marca a “ruina montis” provocada polas galerías. E indica os asentamentos existentes no territorio conquistado: todo¡¡ Infestado por enteiro de campamentos que se estenden ao longo dos vieiros de comunicación máis importantes. Pequenos poboados fican agrupados nas beiras das calzadas, en recintos illados (as aldeas).

            A inxente produción que están a acadar os pitoños roedores nas novas vetas semella renderlle pingües beneficios. Iso, engadido ao fallado plan de medidas que resultaron infrutuosas para conter a invasión, inducen a pensar que tampouco o aumento das chuvias freará a intensa actividade estractiva dos topos. Temo, que as escavacións continuarán no inverno.

 

5 comentarios en “Ruina montium

  1. ¡ Sartaxes ! precioso nome, xa me dirás por dónde queda.

    Xa coñeces aquel refrán que di “Líbrenos Dios do día das alabanzas” referíndose a unha persoa que a alaban porque está finando. Póis xa ves que as miñas non van por ese camiño, a evidencia non é discutible. E aínda que te desplomes ata o chan, a altura non é a do Empire State. A loanza gañástela por merecimentos propios e intransferibles.
    Máis bicos.

    1. A que si, Magdalena? Sabía que non ía deixarche indiferente. É tan sonoro… tan evocador de non sei que… que tén un aquel… En fin… Emociónome e cáenme as “bagugas”. Non só o nome. É un sitio precioso. Precioso de veras. Iso si é certo. Mira, queda en Leiro, parroquia tamén preciosa que bordea o Ulla. No esteiro mesmo. No medio, Cortegada e As malveiras (viriñas): a grande, a pequena, e o Con da viriña. (Segundo contan, cando veu Franco, un paisano, explicándolle a paisaxe, díxolle: Deus lle dea tanta vida coma ó Con da Viriña. (Máis ou menos). Case o consegue¡. De fronte, Catoira, Bamio, Carril, Vilagarcía. Vese algo de Vilanova ao fondo, e a cola de dragón da ponte da Illa de Arousa que alumea pola noite. Hai que estar seguido a mirar… Cando saen as nubes, cando se colorea o ceo, o mar… O reflexo da lúa, das bombas de palenque do combate naval. Non sei. Teño millóns de fotos. Como teño móbil… Ben, total, que estás invitadísima cando queiras vir. A min góstame máis en primavera e outono. É todo máis cambiante e sorprendente. Avísa antes para ordenar.
      Bicos para ti, Magadalena. Apertas. Quedamos niso.

      PD.: se pinchas na foto, amplíase, e ves un cacho máis grande de Sartaxes. Chovía cando fixen a foto e déulle por sair ao Arco da vella. Ao fondo, un pouco de mar…

  2. Que susto me destes, Magdalena: houben de caer do chan abaixo!! Menos mal que o teño á miña altura
    Espero que non se enteren os susodichos. Nin Plinio. Eu, aínda copiando suspendo.
    Así e todo, grazas Magdalena, se había unha pequena luz de sinxeleza.
    Outro para ti. E Unha aperta grandota desde Sartaxes.

  3. Buenos días, Mauri:
    Si leo tu artículo sin saber quien lo ha escrito y tengo que dar el nombre de un autor, diría que era de nuestro compañero José Manuel Lobato, o de Arturo Pérez – Reverte.
    Has escenificado los montes como el joven narrador vasco Íñigo Balboa, – mochilero del capitán Alatriste- hizo en “El sol de Breda”.
    Y de Lobato, declamando sus paisajes literarios como un buen orador con su hermosa dicción.

    Precioso, Mauri. Un besote.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *