O neno

Psico-Ayuda-Infantil-Control-de-impulsos-Técnica-del-semáforo-portada-1280x720Marina Losada Vicente. Sei que non se fai. Dáme por aí. Aplico as precaucións que veñen ao caso, penso. Non poño en perigo a miña persoa nin a dos demais. Non fago dano a ninguén, a non ser polo propio feito de saltar as normas. Aínda sabendo que me poden sancionar -tamén por non levar o carné de identidade e cando saio a correr queda na casa-, non teño percepción de cometer falta.

Tampouco son a única que practica ese “deporte de risco”. Insubmisión. Falta de tempo. Pouca paciencia. Trátase dun acto voluntario, consciente, a maioría das veces, se ben é certo que nalgunha ocasión deime conta de saltar a norma sen terme decatado sequera. E neses casos, teño que recoñecelo, non tomei as debidas precaucións. Algún susto teño levado.

Igual que agora mesmo, que estou a piques de repetir a infracción. Córtome vendo  ao meu carón un neno duns nove anos. Parece que me mirase mal, como se estivese lendo o meu pensamento, ou mesmo que se decatase de que o meu pé dereito xa iniciou a manobra de avance. Freo en seco, por iso da exemplaridade. Incómoda. Incomodada. Demo de mocoso! Conto ata dez. E volvo contar… xa estaría na casa! Contarei máis lento, como me din no ximnasio para a repetición dos exercicios: mil un, mil dous, mil tres… paciencia!

-Está vostede na rúa Rosalía de Castro -escoito nun son metálico-. Pode cruzar.

7 comentarios en “O neno

  1. Certo, Naty. Resulta útil expoñer en público as propias debilidades. As vosas aportacións farán que o pense duas veces antes de cruzar en vermello. Bicos

  2. Marina: Debemos respetar los semáforos. Las encuestas confirman que muchas de las muertes en el paso de cebra, es por la prisa o despiste del peatón. Pero ¡ojo!, que esto también le pasa al que conduce. Y ese es el peligro. Yo no cruzo en naranja, mucho menos en rojo, por eso procuro hacerlo siempre, cuando el semáforo está en verde. Y no por miedo si quieres, sino por seguridad. Tal como anda la gente al volante: MEJOR PREVENIR QUE CURAR.
    Como siempre: disfruto leyéndote.

    Desde Palmeira, unha aperta.

  3. De certo que os nenos nos dan moitas voltas. O meu neto de dous anos non deixa arracar o coche ata que todas as persoas teñamos os cinturóns. Basta que llo digas un par de veces para que o interioricen. Eu son das que non esperan nun semáforo
    Escribo esto coa verdade por diante
    Máis síntome incapaz de facelo diante dun neno ou unha nena. Bicos Carmen

  4. Querida Marina:
    Tu entrada me trae a la memoria la actitud de mi nieta mayor -hoy soy bisabuela de sus hijos- cuando tenía cuatro años: esperábamos la señal para cruzar por el semáforo de una calle bastante transitada, pero que en aquel momento no se veía un coche ni a lo lejos. Con la niña de la mano, inicié la marcha. Mi nieta, plantada en el sitio, tiraba de mí con fuerza. “¿No quieres que vayamos al parque?” -pregunté con extrañeza- “¡¡¡¡Síiiii!!! -respondió con enfado -. ¡¡¡Pero no ves que el hombrecillo está en rojo!!!”.
    Una lección que no olvido jamás.
    Un abrazo grande.

  5. Non tendo costume de vivir con semáforos, eu teño que recoñecer que son quen de perder a paciencia neles, no caso de que a rúa esté totalmente despexada. Incluso de cruzar sen paso de peóns, cando xulgo que me queda lonxe de máis para os meus pasos. Miro ben antes de cruzar, a verdade. Máis é costume que debo correxir. Bicos, Magdalena.

  6. Precisamente hace unas semanas, encontrándome en un cruce regulado por semáforo en la ciudad de nuestro ayuntamiento, una de las personas impacientes por cruzar, se lanzó con precipitación y alevosía al caliente y negro asfalto, por el que, en ese momento asomaba el morro un flamante coche rojo a una velocidad tan prohibida como la del impaciente peatón en salirse de la acera. Las botas del imprudente señor dieron marcha atrás al mismo tiempo que el silbido de un frenazo de un vehículo se quedaba a dos centímetros de la barriga del aturdido y atolondrado peatón, que sin sangre en la cara, aún reaccionó con un, ¡Carallo !por pouco mátasme”.
    Mientras se agolpaba la gente que estaba en las terrazas tomándose un tentempié, yo crucé el paso de peatones, aunque asustada, riéndome al recordar el énfasis que le puso el temerario señor, al consagrado taco vernáculo.

    Querida Marina, mejor esperar a escuchar el sonido metálico de “Pode cruzar” a que nos tengan que cantar el “gorigori”.
    Biquiños palmeiráns.

    P.D. Fantástico o semáforo, Antón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *