Camiños diverxentes

20191202_184101María Xesús Blanco. Home en bicicleta tentando manter o equilibrio. Instantánea feita o día que non abriron o taller. A pose é natural. Con roupas de traballo e porte atlético. Os beizos parecen contraerse cun xesto que é retrato dun presente oclusivo. Incerto. Mais os ollos miran de fronte retando con vehemencia o futuro. Porque ao futuro hai que plantarlle cara para ganalo co tempo.

Arestora o estómago está baleiro e o sol do mediodía pésalle enriba das costas a Manuel. Pero el mantense ergueito enriba da sela. Temperado. E malia que o agora o importune con outro desafío.

O patrón morreu e os herdeiros queren pechar o negocio. Claro que … mirade a bicicleta! De barra grosa e co seu faro lustroso. Fora un agasallo do tío Amador ao pouco de volver de Cuba, e antes de que o fundise todo. Manuel coidaba dela coma dun tesouro. Que o era. Un luxo na Galicia dos anos cincuenta. Ben pintada e aliñada. E as cubertas a proba de picadas. Que había moitas corredoiras que percorrer para ir ás romarías e as boas mozas.

Home en bicicleta: Manuel. Mirádeo ben. Unha perna ao compás da outra e os pés, lentísimos, temperando un instante. O equilibrio inmortalizándose nos miolos dunha cámara.

Endexamais volvería ao taller de carpintería. Tres meses despois embarcaría nun barco dende Vilagarcía rumbo ás Américas. E a bicicleta quedaría co irmán pequeno. O Suso. Si home, o que logo fora carteiro desta vila tantos anos. Outra volta, que desta vai. Se o soubese traería posta a camisa dos domingos.

4 comentarios en “Camiños diverxentes

  1. ¡Qué gratos recuerdos me traen las bicis! Pero que también me recuerdan el gran “batacazo” que en su día me pegué.- Fue por el atrio, cerca de la iglesia del pueblo, donde había una fuente, y unas escaleras para que el vecindario pudiera bajar con sus cubos y botellas a por agua fresca. Os hablo del año de la polca.- Yo era una niña de unos 9 años, pero que dominaba el manillar de la bici, a pesar de mi edad…, que ni Induráin. Llegué a conducir, incluso, sin las manos en el manillar y pedaleando.-No, no era ese tipo de niña “macholo”. Lo que pasa, es que me encantaba andar en bici. Y era gracioso verme, porque parecía la “hormiga atómica” subida a una bicicleta tan grande, ya que su tamaño era para personas mayores.-Tengo una foto que así lo acredita.-
    Confieso que iba tan “embalada”…, que me vi escaleras abajo incluida la bicicleta, pero gracias a mis reflejos, se fue solamente la bici por las escaleras, porque yo me eché hacia un lado. -Sin embargo, no me libré de aquella temible inyección antitetánica que te ponían en la barriga y que tanto miedo nos daba al ser la primera vez.
    Todavía conservo la foto subida en la bici. Es una lástima no pueda mostrarse por aquí, porque está muy simpática.
    Disculpa, pero todo esto lo he sacado a colación, por tu bonita historia María Jesús
    Desde Palmeira un abrazo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *