Traumas adultos

Foto Miguel
Foto Miguel

X. Ricardo Losada. Non hai moito aconteceu unha traxedia en Galicia, e digo traxedia pola reacción de moita xente. Nun partido de nenos de 11 anos o resultado final foi 31 a 0. Recordoume un caso similar en Valencia. O CD Serranos despediu o adestrador por non impedir que o seu equipo gañase 25-0 pois, o presidente cría que o adestrador debera evitar que metesen tantos goles, non permitindo así aquela humillación intolerable.

É un debate recorrente e farisaico. Aos adultos encántannos ofrecérmonos ao mundo como persoas de gran ética en cuestións que non supoñen esforzo nin gasto. Coñezo pais que se negan a que os fillos xoguen a deportes competitivos, e que despois os preparan para sacar as mellores notas nun sistema educativo que eles mesmos cualifican de moi competitivo. E celebrábano! Porque a verdade é que os nenos non collen ningún trauma por perder 31-0 se a contorna reacciona con naturalidade. O seu alto sentido da xustiza dilles que a obriga do rival é marcar o maior número posible de goles. Só se senten humillados se os contrarios deixan de xogar con intensidade ou se os pais sobreactúan esaxerando a importancia do resultado.

Sei que hai moita xente en contra dos xogos competitivos na infancia. Nunca o entendín. Saber gañar e saber perder, sempre que se respecten as regras, é unha das aprendizaxes máis cívicas que os nenos poden recibir. Nin se traumatizan por perder nin se endeusan por gañar. Traumatízanse ou endéusanse pola reacción do contorno. Hai anos, un profesor amigo meu díxolles aos alumnos de 12 anos da súa titoría de 1º ESO B do IES de Espiñeira (Boiro) que, catro días despois, íalles caer o mesmo exame que esa mañá lles ía poñer aos de 1º ESO A, un curso que todos os profesores gababan por sacar moi boas notas. Agardaba que así mellorasen os desastrosos resultados académicos que tiñan. Porén, cando corrixiu os exames, os ceros seguiron sendo masivos. Enfadado, preguntoulles aos alumnos, uns alumnos que xogaban a deportes competitivos, coma o fútbol, desde nenos, por que non lles pediran o exame aos de 1º A. Porque nos caen mal, respondéronlle ao unísono.

2 comentarios en “Traumas adultos

  1. Prezada Magdalena:

    Como é un tema de gran complexidade, e temendo pórme demasiado filosófico, limitareime a facer un pequeno prognóstico: cando Emma teña 17 anos, fartará de rir recordando esa derrota de Noia e o desgusto que levou. E se, a esa idade, ten algún trauma (Deus non o queira), non dubides que será debido a que de nena pensaba que era unha boa noticia para o entorno sacar un 10.

    Sempre que atopo a José María, falamos de ti; en moi bos termos, por
    suposto. Quedou encantado co teu trato e saber estar.

    Moitas apertas rianxeiras

  2. Creo que no estoy muy de acuerdo sobre de que los niños no se traumatizan por perder un partido con tantos puntos de diferencia, y verás por qué opino así: Estos días me toca recoger del colegio a nuestra única nieta Emma; esta magnífica encomienda le corresponde a José Manuel pero, estos días, su baja obligatoria me obliga a mí a ir a diario hasta el CEIPP de Palmeira. Nuestra nieta, aparte de las escolares, tiene otras actividades y una de ellas es jugar al baloncesto. Ayer cuando pasé a buscarla me dijo:
    “Abuela, tengo dos noticias que darte , una buena y otra mala, ¿ por cual empiezo ?”
    – Por la buena, – contesté – .
    – La buena es que saqué un diez en inglés y otro en matemáticas-.
    – Enhorabuena corazón – ¿ Y la mala ? – pregunté.
    – La mala es que hoy a las seis de la tarde tenemos cita en el veterinario para castrar al gato.
    Me puse muy solemne y con cara de circunstancias para que la niña no se diera cuenta de que me estaba riendo por dentro, porque sé cuanto le quiere a su Coco.
    – ¿ Y, el domingo, cómo habéis quedado en el partido que jugasteis con el Noya ? – pregunté-.
    – No me acuerdo, abuela, fue su respuesta, y me cambió de conversación.
    No quise preguntar más, pues supe por su respuesta que habían perdido por goleada.
    Al llegar a casa, J.M le dijo: “¿ Os aplaudieron mucho en Noya?”
    -sí, contestó la niña – nos aplaudieron los que no nos vieron-.
    No sé decirte si “traumatizada” es la palabra adecuada, pero esta semana a Emma se le ha notado afectada, y por las notas no ha sido.

    Querido profesor; un gustazo leerte, como siempre.
    Permíteme mandarle un abrazo a nuestro común amigo José María.
    Cariñosos saludos palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *