Sen confortar

descarga (1)Marina Losada Vicente. Coidado co que pides, non sexa que se che conceda!, pensei, mais fixen a solicitude e aquí estou, cinco minutos de prórroga. Algo bo faría, penso eu… ou non é un premio que che concedan tempo para comprobar aquilo que che corresponde por dereito?

No tanatorio non hai xente. Os catro da casa contados. Ben! Non se admite duelo. Ben! Non hai flores. Ben! Na necrolóxica, en galego como pedín, podo ler que non se fará parada en ningunha igrexa. Todo como debe ser, do meu gusto. Espera…! Confortada cos santos sacramentos! Confortada cos santos sacramentos? Que santos sacramentos? Os sete que recordo da catequese? Estará incluído o divorcio e posterior axuntamento?

A morte foi fulminante. Un ataque ao corazón, no medio da praia. A doutora confirmouno in situ. Sen cura nin auga bendita, nin falta que facía!

Que demo de necrolóxica é esta! A última “nota de prensa” e contén unha eiva tan evidente? Toda a vida atea para isto! … rogan unha oración pola súa alma… mi madriña, que empezo a pórme dos nervios… quen roga unha oración… a familia que é máis atea ca min, se cabe?

Xa me terían escoitado os de administración se non fose que eu son a defunta e xa se me acabaron os cinco minutos de prórroga.

 

6 comentarios en “Sen confortar

  1. Querida Marina:
    Tu entrada anima la tertulia y, para colmo, con un tema de enjundia.
    Aunque creyente, vivencial, estoy de acuerdo con tu sentir; porque tuve una abuela -a la que durante un tiempo de mi niñez llegué a considerar atea, por el sencillo hecho de anteponer mi cuidado, si el momento lo requería, a perder la misa dominical- que me enseñó que primero estaban las buenas acciones y después los dogmas.
    También pienso que esos cinco minutos no nos vendrían nada mal para poner en orden nuestro fugaz paso por este pícaro mundo.
    Llevo una serie de intentos para lograr subir mi comentario y no hay forma. Lo malo es que cada vez me veo obligada a escribirlo de nuevo. Eso de que “a la tercera va la vencida” es puro cuento. Nací demasiado pronto para esto de la Informática, esa es la cruda realidad. Ni con el móvil me aclaro.
    Bonitiños sonos.

    1. Bo día: Cinco minutos serían suficientes para que os das pompas fúnebres redactasen unha necrolóxica conforme ás circunstancias persoais, por poñer un exemplo. O que non me parece é que sexan suficientes para purgar todas as faltas que se poden acumular nunha vida… por moita intención que se lle poña. En fin, que se me escoitan os meus pode que acabe compartindo terra con miña avoa! Bicos, Palmeiralibre, e grazas por participar!

  2. Teño poucas peticións para ese trance . A única que me fai idea é que me enterren na terra, en concreto onde está miña avoa. Por fortuna conto a dia de hoxe con miña nai e con meu pai. Como non pago o enterro a prazos terán que decidir os que me sobrevivan. E desde agora doulle enteira liberdade. Saben como penso. Tamén saben que desde o minuto cero da miña marcha xa deixei de mandar. Bo dia, Naty.

  3. Querida Marina: ¡Menudo entierro! Debo decir que entierros así, ya no se llevan. La gente, aún tratándose de un acompañamiento tan fúnebre…Quiere lo mejor para sus muertos.- Véase los cementerios, concretamente el nuestro, que en vez de un lugar de tristeza, por sus hermosas tumbas y flores…, parece un bellísimo jardín.
    Hace unos años estando en el mismo, por difuntos, con un amigo alcalde-soy muy espontánea- Le dije: En un cementerio como este da gusto morirse. Puso unos ojos como platos y me dijo: eres única discurriendo querida Naty, y aunque en un lugar como este, dicho por ti, ha quedado muy bien. No pude evitarlo Marina. La manera en que lo decoran, en mi pueblo, es digno de visitar.
    Como siempre es un placer leerte y encontrarte de nuevo, después de tus días de vacaciones.
    ¡Ah! Y yo prefiero irme con todo lo que la señora ha vetado, por eso estoy de acuerdo con lo que ha dicho mi muy apreciada Magdalena: Nunca se sabe o que pode haber na trastenda.

    Un beso desde Palmeira.

    P/D Certo que cinco minutos non equivalen a nada, pero a finada marchou a gusto.

  4. Ja,ja ja. Pois eu querida Marina, se cadra o caso de poder ter eses cinco minutiños de prórroga, prefiero un “ego te absolvo” aínda que sexa de man pecadora, que irme a pelo para o outro barrio. Nunca se sabe o que pode haber na trastenda.
    Moitos biquiños, admirada Marina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *