O valor das cousas

Cardiff3Francisco Ant. Vidal Blanco. Don Luís deixou na memoria dos seus a idea de que máis ca un médico era un santo que non cobraba e facía milagres. Do seu sobriño, que non admite galanos, a xente di que é un déspota. E é que nada hai tan ofensivo como desprezar as mostras de servilismo disfrazado de agradecemento.

Cóntase que en certa ocasión, don Luís chegou a unha casa para atender a un enfermo e nada máis entrar pola porta do curral viu ás galiñas comendo nunha fonte esnacada. Quedou mirándoa, como se a porcelana fose o doente que debía atender, acercouse, escorrentou ás pitas, sacudiulle o lixo á cerámica e púxoa nun aparte, mentres a señora da casa miraba a manobra sen saber que dicir. Logo entrou o doutor na cuarto do convalecente, receitoulle un remedio e anuncioulle que en tres días volvería a visitalo e veríao andando ó aire libre. Deulle unhas palmadiñas de ánimo e ó saír, xa na porta, dirixiuse á esposa do enfermo para ofrecerlle: “Vaia vostede mercar a fonte que máis lle guste pola miña conta e eu levo para min esa vella e medio rota”. A muller non tiña cara para pasarlle unha factura ó médico, e el sabíao.

Aquela peza de cerámica fora algún día, cando as vodas se facían nas casas, a fonte onde se servía a comida da mesa dos noivos, e ata se dicía que quen comía dela gozaba dunha vida plena e duradeira; pero cando os banquetes se empezaron a facer nos salóns dos restaurantes, todo aquel enxoval con pratos a xogo, que un tataravó trouxera de Cardiff, foi perdendo mérito por antigo, vello e esnacado, e a nova reciclaxe outorgoulle como destino a mesa das pitas.

A fonte, xunto cos pratos, fora mercada a finais do século dezanove por aquel antepasado de cuxa memoria só queda un vello retrato que os netos da casa xa non recoñecen. Viñera, envolta en labras dentro dunha caixa de madeira coa lenda “Fragile. Handle with care,” que foi descravada con todo mimo, e cunha advertencia que perdurou na casa para sempre: coidado con eles que son moi delicados.

Co tempo, tras sumar algún que outro nique, recluíronse nalgún louceiro inaccesible para ser substituídos por outros menos fráxiles, de barro ou de latón. Nos anos sesenta a moda trouxo uns de plástico, de vistosas cores, que nunca esnacaban e se daban cos puntos da compra na tenda. Os de cristal de Duralex, que cando rompían espallaban pola cociña unha constelación de cristaliños, foron un luxo reservado para as ceas de Nadal, por ser os mesmos que saían nas revistas, e iso dáballe un mérito especial.

Cando don Luís volveu a visitar ó doente, este recibiuno no curral da casa, con tan bo ánimo que lle ofreceu os pratos restantes, para facer xogo coa fonte: “Se mos leva ata me saca un peso de encima”. E o doutor sorrindo para si, non lle descubriu o valor real do galano.

Entre os familiares do doente asegurábase que, se o vello durou un par de anos máis que a media, foi grazas ó médico que, dende que lle regalara uns pratos esnacados tíñalle moita lei a aquela casa. E os sobriños de don Luís, hoxe en día, pelexan por ver quen herda o enxoval que loce, coma un trofeo, no chineiro do comedor.

2 comentarios en “O valor das cousas

  1. El año pasado, en una de las comidas dominicales familiares, comentando en la sobremesa el tema del libro que teníamos entre manos, mi hija, recordó una novela de cuentos de un autor del cual tiene casi todos sus libros, “Stephen King”. El tema del libro me lo has hecho recordar al leer tu entrada “O valor das cousas”. Era más o menos así:
    Un sacerdote se dedicaba en sus horas de ocio a recorrer las aldeas comprando objetos en desuso. Un día, en una de sus visitas vio una cómoda “Chippendale” que por ser tan vieja estaba fuera de servicio. El cura que conocía el valor de los muebles del famoso ebanista inglés, le dijo a los dueños que si no hacían uso de aquel mueble, él lo utilizaría para calentar la casa en aquellos duros días de invierno, si tenían a bien regalárselo.
    Los dueños de la cómoda se pusieron muy contentos porque para ellos sacar de su casa tal estorbo sería estupendo, pues ellos disponían de una estufa de gas que el pobre cura no tenía.
    El clérigo les dijo que iba a buscar un coche apropiado para llevarse la cómoda y salió apresurado para poder disponer cuanto antes de tal joya.
    Cuando regresó a recogerla, la “Chippendale” no estaba en su sitio y el eclesiástico preguntó dónde la habían metido. El dueño muy contento lo llevó nuevamente a la puerta y le enseñó un montón de leña y dijo: “Como puede ver, hemos querido ahorrarle trabajo”. El labriego pensó que el cura se había desmayado por el noble gesto que con él, había tenido.
    Cariñosos saludos palmeiráns, querido Francisco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>