Conversas de escaparate. Clase

OLYMPUS DIGITAL CAMERAFidel Vidal. -Esa que ves aí, foi raíña das festas. Fose por onde fose, tras dela arrastraba multitudes.

-De homes, naturalmente.

-E de mulleres.

-Unha desprezativa. Por que pensas que gañou?

-Porque se ve guapa e con estilo.

-Con vicio, con demasiado vicio, dirás. E os do xurado, dous polo menos, e seino de boa tinta, pasárona polo aro.

-As malas linguas, esas son as boas tintas.

-Fíxate na forma de vestir. Erguida, amosando o poderío das tetas. Buscando home como cadela zafada.

-Con mozo formal, formal de boa persoa e de ir en serio.

-As falas din que máis que mozo era o seu promotor, o manager, que a empurraba a participar nos concursos.

-E presentaralle os compoñentes do xurado.

-Só os importantes, os que deciden.

-Sexamos sinceras. O mozo era un tratante, e abusaba dela como dunha escrava namorada.

-Non me estraña que acabase todo como acabou.

12-Si, moi romántico. Un chulo de putas menos.

-Cravoulle un coitelo ou unha paleta para o peixe?

-Unha paleta do peixe no pescozo.

-Vaia nivel! Unha auténtica fineza.

-Clase. A iso chámaselle clase.

7 comentarios en “Conversas de escaparate. Clase

  1. Apreciado Fidel: Malas lenguas siempre las hubo, pero dicen que no es la primera que sube al pódium porque antes la pasaron por el aro.- La otra lo sabía de buena tinta, pero aún así…
    A veces, la mejor de las amigas, le saca la piel a la otra. Sobre todo, se os atributos do gañador son superiores aos da crítica. Sempre foi así e seguirá sendo, mentres que haxa mulleres máis fermosas que outras.
    Unha aperta.

  2. Póis, querido Fidel, a comida era un poliño a pepitoria – cousa sinxela- pero, como tiña pan reseso, fun a todo meter a facer unhas torradas cargadiñas de mel. Aínda que eso sí, o café tomámolo con sacarina.
    Moitos e castos biquiños.

  3. Cales son os “blogs” que máis entradas reciben na rede? Non son precisamente os culturais, senón os das mozas que lucen os seus encantos naturais (ou adquiridos)de diversos xeitos.
    Ten razón o maniquí : A paleta do peixe non é ferramenta que se utilice na casa do pobre. Na miña, só en casos extremos…
    Saudiña.

    1. E que sigan lucindo (elas e eles) os seus encantos, os que Deus en boa hora lles regalou. No caso de que a miña muller fose quen, nunha arroutada, de me acoitelar, eu tamén desexo que seca cunha paleta para o peixe. Para que o forense se decate, na mesa de autopsias, de con quen está a tratar.
      Saudiña e bos alimentos.

  4. Querido Fidel:
    Acabo de entrar en casa, y al allegarme al ordenador y leer los comentarios de las dos que hablan en ” román paladino” poniendo a la “erguida” como chupa de dómine, me imaginé como estarías riéndote mientras escribías.
    La criticona, seguro que todavía era de las que el ir del brazo del novio era una flagrante impudicia.

    Con el final pensé lo contrario, te imaginé con la cara de circunstancias como las que corresponden al hilo de la presente historia.

    Ya ves que imaginativa soy.

    Hoy no te mando el palíndromo ni tampoco las pentavocales. me voy para la cocina como alma que lleva el diablo.
    Castos biquiños palmeiráns.

    1. A saber, Magdalena, que comida fuches preparar con tanta présa. Seguro que JM, agradecido, disporá de máis tempo para colocar outro estante como premio.
      Grazas á falta de tempo eu tamén descanso a cabeza de artellar un palíndromo. Castiños bicos (na praia do Comandante).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *