Conversas de escaparate. Jakuzzi

imaxe 1Fidel Vidal. -Estás segura de o coñeceres ben?

-De quen estás a falar?… Xa sei por onde vas. Pois si, coñézoo o suficiente. Un cabaleiro.

-De a pé ou montado?

-Moi correcto, exquisito. Semella talmente un director de orquestra.

-Iso si. Amósase moi amábel, pero é pura fachada. O seu carácter, dixéchelo ti, é o dun director de orquestra. Gobernalo todo e que ninguén desafine.

-Gústanme os directores de orquestra.

 imaxe 2-Será polo da batuta.

-Vaia. Agora vesme cun chiste cativo para amañalo.

-Perdoa polo da batuta. Hai unha parte escura nel que ignoras.

-Teño idade suficiente e sei defenderme.

-Dese home non. Houbo sospeitas sobre verse involucrado na morte de dúas mozas.

-Lerias. Non creo en segundas partes nin en partes escuras

-Seguro que che levou ao mesmo hotel. Un cuarto con vistas ao mar. E un baño enorme, jakuzzi incluído.

-Polo visto seica sabes demasiado. Probaches ou que?

-Unha das rapazas, por sobredose, afogada nas burbullas da bañeira. A outra dun tiro na cabeza.

-Ninguén escoitou o disparo. Nos dous casos os xornais inclináronse polo suicidio.

-Sería iso. Vanse pór de moda os suicidios con silenciador e hidromasaxe.

 

5 comentarios en “Conversas de escaparate. Jakuzzi

  1. Cántos xogos de palabras me regalas, querido Fidel, quén tivera esa mente !
    Nin santo Tomás che gana contestando a aquél que lle preguntou si era o santo de Aquino, e el lle respondeu: Aquí no es.
    Castos biquiños.

  2. Din que un bo consello a unha persoa sensata vale máis que un ano de súplicas a unha persoa boba. Topouse ca boba.
    “Paga a pena perder un paraíso parasitario se a causa nace dun acto de liberdade”.

    AÑORA LA ROÑA con… pErsUAciÓn.

    Castos biquiños, querido Fidel.

  3. Din que un bo consello a unha persoa sensata vale máis que un ano de súplicas a unha persoa boba. Topouse ca boba.
    “Paga a pena perder un paraíso parasitario se a causa nace dun acto de liberdade”.

    AÑORA LA ROÑA con pErsUAsIÓn.

    Castos biquiños, querido Fidel.

    1. Naturalmente que paga a pena a pena de pagar un paraíso de balde (ou de caldeiro), aló en Caldas de Reis (Eméritos). Apertas saudables, prezada e atentísima Magadalena.
      A TOS Á SOTA, con prEcAUcIÓn.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *