Fidel Vidal. -Estás segura de o coñeceres ben?
-De quen estás a falar?… Xa sei por onde vas. Pois si, coñézoo o suficiente. Un cabaleiro.
-De a pé ou montado?
-Moi correcto, exquisito. Semella talmente un director de orquestra.
-Iso si. Amósase moi amábel, pero é pura fachada. O seu carácter, dixéchelo ti, é o dun director de orquestra. Gobernalo todo e que ninguén desafine.
-Gústanme os directores de orquestra.
-Vaia. Agora vesme cun chiste cativo para amañalo.
-Perdoa polo da batuta. Hai unha parte escura nel que ignoras.
-Teño idade suficiente e sei defenderme.
-Dese home non. Houbo sospeitas sobre verse involucrado na morte de dúas mozas.
-Lerias. Non creo en segundas partes nin en partes escuras
-Seguro que che levou ao mesmo hotel. Un cuarto con vistas ao mar. E un baño enorme, jakuzzi incluído.
-Polo visto seica sabes demasiado. Probaches ou que?
-Unha das rapazas, por sobredose, afogada nas burbullas da bañeira. A outra dun tiro na cabeza.
-Ninguén escoitou o disparo. Nos dous casos os xornais inclináronse polo suicidio.
-Sería iso. Vanse pór de moda os suicidios con silenciador e hidromasaxe.
Cántos xogos de palabras me regalas, querido Fidel, quén tivera esa mente !
Nin santo Tomás che gana contestando a aquél que lle preguntou si era o santo de Aquino, e el lle respondeu: Aquí no es.
Castos biquiños.
Din que un bo consello a unha persoa sensata vale máis que un ano de súplicas a unha persoa boba. Topouse ca boba.
“Paga a pena perder un paraíso parasitario se a causa nace dun acto de liberdade”.
AÑORA LA ROÑA con… pErsUAciÓn.
Castos biquiños, querido Fidel.
Din que un bo consello a unha persoa sensata vale máis que un ano de súplicas a unha persoa boba. Topouse ca boba.
“Paga a pena perder un paraíso parasitario se a causa nace dun acto de liberdade”.
AÑORA LA ROÑA con pErsUAsIÓn.
Castos biquiños, querido Fidel.
Naturalmente que paga a pena a pena de pagar un paraíso de balde (ou de caldeiro), aló en Caldas de Reis (Eméritos). Apertas saudables, prezada e atentísima Magadalena.
A TOS Á SOTA, con prEcAUcIÓn.
Non mata tanto como o “virus da corona” (ou “da corina”) pero vai facendo o que pode…