Santo Alberte

Ribeira 009Domingo Regueira. A mocidade cabalga cara ao monte de Santo Alberte. Van con ansia de aparellarse, e corren a botar a tella para acabar co único románico que nos queda na moi nobre, leal e humanitaria cidade. Ao que inventou este neo-atavismo quedoulle a cabeza como a daquel crego, Miguel Molinos, do que dicía o mestre Juan Bautista Martínez Lemiña–autor do himno á Dorna (música e letra) da confraría de Ribeira, aló polo 1930–, que quería levar a Virxe dos Remedios para o alto de Xarás e casala con Santo Alberte; e grazas aos veciños de Deán non se celebrou a voda por considerar que aquilo era unha herexía.

A quen se lle ocorre casar dous santos que caen de vellos? –dicían as freguesas.

Ao trocar o velame de goletas, corvetas, balandros e bergantíns por motores de vapor, o ritual orixinal de cambiar a tella foise extinguindo. E para evitar que as poxas e os exvotos seguisen circulando, creouse este atávico invento de apedrar a ventá da ermida para coller mozo.

Pero como non hai mal que por ben non veña, grazas ao móbil, o ritual da tella vaise esfumando pois, agora, a xeración miramóbil, en vez da apedrar a ventá, rompe o dedo tirándolle whatsapps ao seu xílgaro a fin de apreixalo no botellónda noite.

Na antigüidade, o gran eiteiro erguíase como robusta sentinela, radiando telúricas enerxías onde acudían as nosas ancestras que, dando voltas ao dereito e ao revés da rocha –segundo lles sobrasen ou lles faltasen arxilias–, as radiacións da pedra facían o que hoxe fan os terapeutas dos ambulatorios. Regularche a diabetes, a tensión e ostriglicéridos.

Na pedra da Cruz de Aguiño tamén se xiraba ao redor dela a fin de implorar remedios para as adversidades e, sobre todo, para que chovese. E vaia se chovía!

…unas cuantas vueltas a la cruz que usted está pintando, pedían a Dios que lloviese.

¿Llovía? –interrumpí.

Si, señor: Llovía a torrentes y el fruto pronto empezaba a florecer”. (Anaco doutro artigo de Lemiña na revista CÉLTICA, 1930, titulado “A Cruz de Aguiño”.

O invento cristián do cambio da tella, non era cambiar unha tella do tellado, senón que consistía en mover unha tella que había dentro da capela e pasala de Norte para o Sur, ou á inversa, co fin de que os ventos favorecesen a entrada dos barcos cando viñan de longas travesías cos seus homes e fillos.

O que antes facían as pedras, agora fano os santuarios do San Benito, San Campio, San Ramón e a Seguridade Social; esta última con receita.

O gran esteo ou penedo de Santo Alberte dábao todo gratis.

7 comentarios en “Santo Alberte

  1. Muy apreciado Mingucho: Solamente unas líneas agradeciendo tu amable respuesta, y mucho más, por haberme incluido en el paquete de esas das estupendas comentaristas como son: Magdalena y Carmen. De mí nada, porque ni cubro los mínimos; a no ser un poco de humor, unido a mi admiración por todos esos contertulios de la Cafetería Barbantia, incluido tú, por los momentos de cultura y de humor que todos aportáis.
    Sobre el “presi” y su severidad, según tú, poco o nada puedo comentar, pero si decirte que, si realmente es tan riguroso, a mí ya me hubiera expulsado del grupo. Y de verdad que me hacéis mucho bien con vuestros magníficos artículos, unido a esos estupendos comentarios de nuestra gran amiga Magdalena. Y, más ahora, por la delicada situación en que me encuentro.
    Un abrazo querido amigo.

  2. Querido Mingucho:
    A pesar del encierro obligado (y un poco voluntario, todo hay que decirlo), hace la tira que no acudo al ordenador. Pero esta mañana un inesperado “toque de atención” poniéndome al corriente del grato suceso de tu vuelta -tampoco te prodigas en demasía-, me ha hecho entrar a fisgonear de pasada; porque cada día, sin saber cómo, me adjudico más y más obligaciones. Otra de las razones por las que no vengo al ordenador es la necesidad de graduar las gafas: a causa de la nevada tuve que posponer la cita en la óptica y cada vez se lía más la cosa.
    La de san Alberte no es una romería de las que más recuerde y tampoco creo haber asistido en muchas ocasiones. Lo que sí me quedó muy grabado fue la cantidad de gallos y gallinas que transportaban los romeros y que acababan en subasta pública delante de la ermita. Por muchos desperfectos que haya causado el lanzamiento de tejas (y hasta pedruscos, como apunta Naty), también creo que lo recaudado en la subasta amortizaba con holgura los desperfectos producidos.
    Me encanta tu referencia a los milagros: por unos segundos me has tenido confundida y encandilada, hasta que he llegado a lo de “papanatas”. Y es que pienso que la candidez, la ingenuidad, en cierta medida, te hacen mirar al mundo con más benevolencia.
    En la actualidad el teléfono atado a un hilo, como dice Magdalena, sólo sirve para atender llamadas con ofertas de tarifas telefónicas a bajo precio, siempre a horas inoportunas.
    Ah, tus irreverencias tan repletas de humor son fáciles de perdonar. Vuelve pronto.
    Un gran abrazo desde este Madrid desbaratado.

    1. Querida Naty:

      É un gusto platicar con persoas de tanto agrado que amosan un humor espontáneo que expresades como unha graza que non se compra nin se apaña.

      Éche un don acaso, unha lotería, unha virtude coma a de votala tellas e que quede trabda.

      A vida tamén forma parte deste contesto. Uns herdan rendas e liñaxes e outros herdan a vida barata do xugo e o sacho.

      Pero por iso non hai que apenarse cada un temos que buscar o noso lugar o pé do lume.

      Uns temos un carácter mais hosco, agreo ou ireverente que coma o insurrecto, ten que pandar co legado que lle tocou.

      Ti, Magda e Carme, sondes virtuosas expresando os vosos pensamentos, emocións e sentimentos.

      Ben podiades mandar algún articulo, por que o único que facedes é fisgar onde metemos a pata os contacontos coma eu e ós escritores de artigos con xeito. Semellades censores, que calificaban as películas de “Grana”, ou algo asi.

      Túa irmán tamén podía mandar algúns dos que ten no seu “El blog de Carmen”.

      E para traducilos hai boas interfazes, e “Word”, dispón de ferramentas para corrixir a ortografía. Logo está o “presi” corrector preciso e severo, que o fai sempre con agrado e gratuíto. Bueno case sempre.

      Esperando que te encontres ben.
      Unha forte aperta amiga Naty.
      Boas noites.

  3. Apreciado Mingucho: Aunque metidos en el 2021, todavía hemos entrado bajo el signo de esta malvada pandemia, unido a una tal Filomena que, al parecer, ya ha sido imputada por “blanqueo de capitales”. Mientras, nosotros, conservando el buen humor.- Non obstante nótote máis relaxado, máis tranquilo, porque o teu sentido do humor, esta vez, foi cun toque de serenidade. Iso pareceume.

    ¡Ay!, ¡qué tiempos los de la teja, querido Mingucho! Recuerdo que yo iba al amparo de mi hermana porque era más joven que ella. Aun así, dentro de mis pocos años, lo pasaba muy bien porque la romería todavía estaba en pleno apogeo. Recuerdo que el monte era un hervidero de gentes, disputándose el lugar perfecto para tirar la teja.- Que a veces no era una teja, sino un buen “pedrusco” que, muchas veces “escachaba” alguna que otra teja.- Claro que el problema económico, en aquel entonces, no era mayor porque el gentío que acudía a la Ermita, daba para arreglar el tejado y más. Ahora sí lo notarían porque entre el ordenador y el móvil… A xente xa non precisa ir a tirar a tella.
    !Mira que querer casar a la Virgen de los Remedios con San Alberto…!
    ¡Qué irreverencia! Menos mal que los vecinos, metieron cartas en el asunto y “remediaron” semejante unión. Y no por Santos, parece ser, sino por viejos.- Como se os vellos non puidesen namorarse!!! Alí non estou de acordo con don Alfonso Castelao. Os vellos tamén teñen dereito a namorarse, xa que o corazón, os sentimentos non envellecen.

    Antes eran gratis muchas cosas, querido amigo, pero ahora es diferente. Con los años fuimos aprendiendo que en esta vida todo cuesta, nada es gratis.- Ya lo decía una frase de Aristóteles Onassis: La vida buena es cara, la hay más barata, pero no es vida. Y yo digo: Aprendamos a convivir co que é noso. E non deixemos caer o ollo, porque o veciño ten máis.
    Sabes que me agrada leerte, por eso no debes hacerte el remolón.
    Desde la Ciudad Olívica un abrazo.

    Una frase de Aristóteles Onassis. La buena vida es cara, hay …

  4. Querida Magda:
    Eu, o contrario dos médicos non cuestiono os milagres.
    Eu creo.

    Eles chámanlle despoticamente supersticións, suxestión ou chiripa. Pero; aí están.

    Como ti ben dis, o suplicante, tamén ten que poñer algo da súa parte; unhas flores, unha vela, unha misa, unha esmola… (non unha arandela).

    A correspondencia ten que ser mutua e non trileira.

    Podía escribirse unha biblia cos milagres acontecidos solo na nosa Galiza, e o mesmo dá que lle reces a un santo que a Pedra da Pousa. A eficacia está no fervor; porque o mesmo a cristiáns, budistas, ortodoxos, xudeus, musulmáns, comunistas ou republicáns.

    Para que funcionen os milagres a preciso estar en boa disposición de recibir esa teofanía, pero non todos dispoñemos desa alma cándida, pueril, inxenua e papanatas.
    Bicos dende o Eitón. Saudiña.

  5. Aínda que sei que non vou a estar de acordó contigo, noso Mingucho, moito me gusta ler os teus razonamentos sabendo que terei que discrepar deles.
    Eu tamén fun unha das que tirou a tella á xanela para ver se aquel mociño procedente de Ribadeo se decidía a sacarme a bailar nas festas en lugar de mirar de reollo para mín. Pero nada, se non me decido eu a dar o primeiro paso, a tella de san Alberte non logrou quitarlle o encollimento. Ainda que pensándoo ben, seguramente foi san Alberte o que me dou a min o empurrón tal como llo din eu á tella.
    Das as grazas porque ca xeración “miramóbil” acabóuse de apedrar a ventá do santo; póis non sei que che diga… porque eu penso que cando os teléfonos funcionaban atados a un fío, non estábamos nos atados ó teléfono.
    Xa sabes, os gustos evolucionan cas fechas, pero ás veces, para peor.
    Sempre é un gustazo lerte, noso Mingucho.
    Biquiños desde o Brañal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>