SARS-CoV-2

COVID-test-rapidoDomingo Regueira. Un convoi da armada diríxese cara o suroeste barbancés.  O destacamento penetra na cidade das corredoiras remolcando o requisado tren “Chu-chú”, onde levan persoal sanitario, garrafas de vacinas e arame de espiño.

No  hospital da Barbanza atracou un autobús con  turistas do INSERSO cargados de virus. Médicos, enfermeiras, e celadores saen en tropel pola porta do tanatorio monte arriba.

O convoi con música marcial  entra na parroquia de Santa Uxía  anunciando por megafonía a súa chegada. As xentes deixan a Jorge Javier e a María Patiño e, coa boca aberta, saen aos balcóns.

Atrofiados outros polas cacofonías de Fernando Simón e os tiros de Jon Waine, non poden centrarse no escenario. Non saben se é a “Festa da auga”, o desfile da LXTBI ou se anuncian o toque de queda.

Os carromatos baixan polas Carolinas, e os veciños prepáranse para o recibimento. Acostumada ao ruído cultural de verbenas decibélicas ata ao día, a cidade borbónica sofre un chock de disonancia cognitiva.

Os que asocian o desfile como a festa da auga asoman os gabidos e vértenlles palanganas e bañeiras de lavar os meniños enriba. Os que os vinculan co orgullo LXTBI tíranlles macetas con  xeranios, e sacódenlles xergóns de caropa coxíns de plumas e cintas VHS, mentres que outros aproveitan a confusión para botar a bolsa do lixo.

–Onde vas con ese armario?

–A tirárllelo. Agora xa non me fai falta!

As “chicas da Cruz Roja”, que outrora ían coma pinceis lucindo muslada coma as de “Sálvame Delux”, agora a permanente tápalles os ollos.

Dende os balcóns o ruído de caldeiros, tixolas e tarteiras provocan un espectro de paranoia colectiva. Dende as solainas baixan diluvios apocalípticos, ao tempo que outros alienados polos noticiarios se asoman ouveado jujurujús cavernarios e tenden nas ventás bandeiras, colchas e toallas de angoriña.

A comitiva atravesa a cidade por dirección prohibida e aquela marcha triunfal de uniformados, batas brancas e faldras recachadas lucindo os pernís, agora parecen náufragos da Perla Negra do Caribe.

Chegan por fin ao adro e o cura, con solemne pose arcebispal, recíbeos cun limpa cristais xiringándolles auga bendita. E, cabreada a tropa con tanta humidade, apúntano coas metralletas, e o cura en voo raso rebenta a porta do búnker.

       –Xa está ben de tanto recibimento!

O exército que tiña orde de illar o territorio aguiñense dende a bocana do Listres ata a Graña, tivo que desistir pola murria que lle entrou ao batallón. E, coa mesma, o do megáfono faille sinais coa man á tropa, indicando dar volta para o Hospital pola cantidade de esbirros que saen da arrastrada pasaxe.

No Barbanza os enfermos berran dende as camas pedindo a cuña, algúns a merenda, e outros piden  a roupa para se viren para a casa. E os do convoi trátanse eles mesmos. No text rápido todos dan positivo, e máis tarde decátanse de que o aparato non tiña pilas, pero o parte xa ía na comisión de expertos e nas televisións.

Así enchen os folios de infectados, que é o que interesa.

      –Que pinta ese autobús aí? –pregúntalle o comandante á moza das citas.

      –Son os de Aguiño, que están confinados.

      –Pois que lles metan o arame de espiños! E, dende agora, queda establecido en Salmón o estado de sitio con toque de queda!

E alí pasarán a corentena os turistas de Aguiño acusados de traer o SARS-CoV-2 agochado nos pregues do capitoné das cadeiras das fregas, que mercan nestas viaxes.

 Estas historias sonvos os burbullantes efectos da NOVA ANORMALIDADE.

10 comentarios en “SARS-CoV-2

  1. Querido Mingucho: Mientras sigas “despotricando” dentro de unas ciertas normas, y tú sabes hacerlo muy bien- si quieres-, no creo haya problema.
    Tus cuentos, tus historias- por lo menos a mí-, me sientan muy bien porque son de lo más gracioso aunque, ás veces, non deixaches un boneco coa cabeza, pero sempre con graza. Hai moito máis que criticar nesta sociedade na que vivimos, moito máis importante. E, por riba, rimos das súas grazas ou aceptámolos como cordeiros, segundo quen os diga. Ben, non!
    Creo, desde mi punto de vista, que a las personas debemos conocerlas, antes de hacer un juicio, respecto a ellos. A veces dejamos caer juicios de valores con tanta facilidad que ni siquiera nos llegamos a cuestionar a nosotros mismos. Y termino porque se me pegan las teclas a los dedos.
    Que el año que se avecina sea mejor para todos Y salud, mucha salud.
    Un GRAN abrazo.

  2. Querido Mingucho:
    Coincido con Magdalena en cuanto a tu ingenio y lo poco que frecuentas esta cafetería.
    Sobre el negacionismo sólo puedo decir que lo evidente no hay quien lo niegue, y menos cuando vives en una gran urbe en la que el virus campa a sus anchas y, por lo que se ve, sin ganas de irse con la música a otra parte (me pregunto a dónde, si ya sentó sus reales por todos lados, hasta por Palmeira, según las últimas noticias) y dejarnos tranquilos: pasamos de las calles desiertas a vernos rodeados de gente con la mascarilla por debajo de la nariz; y para remachar el clavo, el noticiario te cuenta que la cosa va de mal en peor… Podríamos hacernos la ilusión de que lo del virus son cuentos chinos inventados por las grandes multinacionales, si no viésemos que gente cercana, aunque no la palme, lo está pasando francamente mal.
    Todo esto que estamos viviendo, de alguna manera, me remite a la redondilla de Juan de Iriarte:
    “El señor don Juan de Robres,
    Con caridad sin igual,
    hizo este santo hospital…
    y también hizo a los pobres.
    Aunque me duele reconocerlo, tu relato, en clave de humor, refleja la cruda realidad.
    Boas festas.

    1. Ola Apreciada Carme.
      Quería recomendarche que non fixeras caso do monstro idiotizante que nos verten a tódalas horas dende esa espita radiactiva que entra nas nosas casas co fin —que non é outro— de licuarnos as flebes neuronas.

      Con isto quero dicirche que se tes murria ou trancaso, non se che ocorra ir ao hospital. Utiliza os remedios de antes que mellor che irá.

      Estas suxerencias, cousas do meu espírito silvestre.
      As nosas aboas sabían moito dos espíritos:

      <>, <> Hasta votaban a alma pola boca.

      Coma sempre Mary Carmen. Éche un pracer escoitar os teus indulxentes comentarios os meus contos.

      Desculpa as miñas atrevidas recomendacións. Ti xa me coñeces: Vou sempre a repelo.

      Felices festas amiga.

      E o humor que non falte.

      Tampouco eu escribo ben, nin o galego nin o castelán, pero hai que pasar un pouco dos catedráticos, pois si por eles fora quedabamos todos mudos e acomplexados.
      Apertas.

  3. Aquí estou novamente, noso Mingucho:

    Pois, xa non me acordaba de que efectivamente, che habíamos pedido que escribises algo sobre a pandemia cando che vimos sin a máscara.
    Eu xa me imaxinaba o que ibas a botar por esa boca, e a verdade é, que sempre me fas rir. Pero non precisamente por que sea un “brodio” como ti o calificas, senón, polas ocurrencias con que describes todo. A ti non se che seca o cerebro coma a don Quixote lendo a Amadís de Gaula.
    E non te esquezas de dicirlle ao censor, que calidade literaria tes para dar, e tomar.
    Moi felices festas, noso querido veciño, e saudíña, moita saúde.

    1. Querida veciña e admirada Magda.

      Prefiro non saír da casa que andar co voceiro. Declárome insurrecto diante da manipulación que están facendo de nós.

      Esta imensa mentira só a poden facer as grandes corporación.

      Por un lado din que sobramos no planeta, e por outro quérennos salvar a todos con unhas vacinas que nin os nosos científicos controlan. Non he sospeitoso?

      Nas redes sociais tamén hai importantes virólogos, médicos e científicos que deberiamos escoitar.
      Pero como ti ben dis, non vamos a entrar en “discusións bizantinas”

      Apertas Magda. Saudiña pra toda a familia.

  4. Querida i estimada Magda.
    Recordo que no verán con Naty e Carme, me insinúache que escribise algo sobre a pandemia e, atendendo ao teu rogo mandeille este brodio ao noso amigo censor, que é o culpable do retraso por considerar que esta narrativa é moi silvestre e carece do que se sole chamar calidade literaria, e polo tanto, cada un fai o que pode é aínda así, teño que recorer o noso argot e nalgún casos inventar palabras para darlle xeito o terma desta fraudulenta pandemia que se comeu as gripes, andazos e múrias de remedios caseiros.
    Agora só falta que encima do voceiro nos poñan o pano nos ollos e nos leven o barranco dos hiperbóreos e cun pau darnos un toque.

    Dende o Eitón, Unha aperta admirada veciña.

  5. Mi querido Mingucho: Cuando tú escribes salen todos a relucir, incluidos lo de LGBT.
    Menudo el alboroto que has armado!!! No sabía ni como empezar a escribirte. Y quería hacerlo porque te estaba echando de menos por la Cafetería Barbantia donde os reunís tan admirados e insignes tertulianos.
    Aún me estoy riendo.-No cabe duda de que cada cual tira y sacude por el balcón lo mejor que tiene en su casa. Y no digamos “o de engádelles palanganas e bañeiras de lavar os meniños enriba”.- Non me estraña que con tanta humidade, a maioría acabasen no Hospital. E por sorte tiveróno preto, porque entre as bañeiras e palanganas, ademáis do cura xiringándolles auga bendita, xa me contarás. E non falo de xeranios, incluídas macetas, porque non podo facer fronte á túa narrativa. É demasiado.
    Termino deseándote lo mejor en el 2021. Y que todo lo que está pasando, con esta terrible plaga, acabe de una vez para siempre.
    Desde el Vilar un fuerte abrazo, querido amigo.

    1. Querida Naty
      Teño que confesar que as vosas verbas me enchen de alegría polo agarimo e tolerancia con que acolledes os meus contos.
      Recoñezo que as veces son un pouco irreverente e agresivo verbal, pero este é un defecto do meu espírito atravesado.

      Como non podo loitar contra os bancos, as telefónicas, as eléctricas e demais corporacións capitalistas e financiaras, despotrico contra calquera intanxible espavento que tope por diante.

      Póñome ledo contactar coa ente que aprecio.

      Un biquiño. Felices días e saudiña que non falte.

  6. ¡ Ai, noso Mingucho !

    Cando te estaba lendo, pensei que era o guion da película “Estado de sitio” en donde tan ben desenrolaban o seu papel, Denzel Washington e Bruce Willis.

    Sempre me fas rir con esas mostras da retranca vernácula que nos ofreces cada vez que asoma o teu inxenio pola cafetería. O malo é que transitas pouco por ela.

    Tería que decirche moitas cousas referente a todo esto que escribes sobre o confinamento pero, cos “negacionistas” coma ti, manter discusións bizantinas, non sirva de nada, póis eu respeto profundamente o teu permanente estado de incomprensión.

    Bueno, quero que teñas en conta que esto que che digo no fago con “animus doli” máis ben é con “ánimus jocandi”. Póis, “humor con humor se paga”.

    Biquiños do Brañal ao Eitón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>