Conversas de escaparate. O peto da camisa

fidel11Fidel Vidal. -É o primeiro ano que estás aquí, non si?

-Ao mudarmos de casa.

-Pareces algo nova para estudares no mesmo curso.

-Sempre tiven cara anenada. Son nacida en decembro.

-Nótoche apesarada. Será polo cambio.

-Por iso tamén, pero sobre todo polo de meu irmán.

-Tes un irmán?

-Tíñao. Un irmán maior. Chimpouse pola fiestra.

-Vaites!

-Era o meu protector, mais na realidade era eu quen coidaba del.

-A irmá pequena coidando do maior. Estaba enfermo?

-Non, Era un mozo san, a piques de cumprir os dezaoito. O meu pai mandábame estar cabo del. Polas malas compañías.

-Como se foses unha policía.

-Talmente. El e o seu amigo Xandre sempre me esquivaban. Adoitaban parar no Tabernáculo. Xogaban ás cartas. O meu irmán só miraba.

-Xogaban diñeiro?

-Só as consumicións. E leaban porros que compartían. O meu irmán sorría pero non aceptaba.

-Non me estraña que os teus pais se preocupasen.

fidel12-Xandre e mais el eran amigos íntimos. Estudaban xuntos. Un bo día o meu pai entrou no cuarto e botouno fóra de malas maneiras.

-E o teu irmán?

-Castigárono fechado toda a fin de semana.

-Así son os pais.

-Pero eles continuaron véndose. Un bo día, sen máis nin máis, o meu irmán chimpouse pola ventá. Unha desgraza.

-Deixou unha carta ou algo así, como din que fan os que se suicidan?

-Non. O único que atoparon foi unha foto de Xandre no peto da camisa.

11 comentarios en “Conversas de escaparate. O peto da camisa

  1. Muy apreciado Fidel: Gracias por recordarme lo de las gafas de sol, pero créeme que en las condiciones tan “depauperadas” en que me encuentro… Ni gafas de sol,
    ni luces LED, por mucho que presuma de ello el Sr. Caballero.
    Siento tener que hablar así, pero la cosa no es para menos. Por eso, en determinados momentos, una sonrisa se agradece aunque no arregle las cosas. Pero en cierto modo, como bien dices: amaina el temporal interno. Sobre todo, en una situación de tanta “envergadura” como la que estoy viviendo.
    Un cariñoso abrazo.

  2. Fidel: Es lo que hubo y siempre habrá. Más ahora en que los armarios por el ir y venir de las gentes y su falta de tiempo… Incluso los dejan abiertos por si alguien está dentro y decide salir.- Coitado!!! O mellor parado foi Xandre que escolleu sair do armario é non facelo como o seu amigo, da alma, que se chimpou, saleu pola ventá.- Una historia triste. Y mucho más porque todavía existen.
    Desde la Ciudad Olívica, un abrazo.

    1. Moitas grazas, Naty, pola túa amabilidade e os teus desexos. É verdade que un sorriso pode amañar unha situación comprometida. E, se non, polo menos amainamos o temporal interno. Alégrome de que esteas nesa cidade tan dinámica na que contamos con moi bos amigos. Supoño que non esquecerías as gafas de sol. Dígocho polo asunto da enorme cantidade de luces despregadas nesta tempada. Apertas.

  3. Bos días. Coido que non che falta razón Fidel, pero pese a todo, hai que mirar para diante e pasar as festas de Nadal o mellor que poidamos. Felices festas para todos.

    1. Xa ves, Gonzalo, un ten momentos de debilidade que debería gardar para outras datas e outro lugar. Moitas grazas e os nosos mellores desexos para todos. Bo Nadal e mellor 2021. Unha forte aperta e saúde, moita saúde.

    1. Superar, superar, non sei eu se o tema da homosexualidade ou mesmo da heterosexualidade, coma o do racismo, está “superado”. Vanse aturando, da man de moitísima hipocrisía. “Rojos y maricones”, e unha lista de 26 millóns de españois para fusilar. Está “superado” o franquismo? E perdoa, prezada Carmen, que lembre a barbaridade dun militar de alta graduación con bastantes (máis dos que imaxinamos) seguidores detrás. Unha forte aperta e feliz Nadal. E que o 2021 nos colla confesados (e vacinados).

  4. Querido Fidel:
    Pola mañá, a miña neta ( que estos días de vacacións recuperámola ) fíxome tolear ca árbore, Nacimento e guirnaldas. Escribín con tanto apuro que hasta non che mandéi os meus castos biquiños. Agora mesmo chos remito xunto cas boas intencións que estes días, e sempre, che deseo.
    Felices Festas, e un bo ano cargado de saude.
    Moitos castos biquiños.

  5. “O tempo. O tempo converte o neno en home, e o home en sombra”.

    “Podemos soportar un empurrón pero non a persistencia da mirada”.

    Seu irmán quixo mellor o empurrón.

    Con pErsUAcIÓn…OIRÁS ORAR A ROSARIO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *