Algunhas xoias da colleita do 71

gallery_mediumGonzalo Trasbach. Neste 2021 fai 50 anos dunha excelente colleita musical. A que se sementou no 1971. Daquela acababamos de entrar nunha nova década, xa sen The Beatles e sen Jimi Hendrix, entre outros. A era dos setenta arrancou trala tráxica coroación dos prodixiosos 60, cando nos seus estertores tivo lugar o sanguento pesadelo do Festival de Altamont en San Francisco (USA). O multitudinario concerto gratuíto que ofrecían os Rolling Stones na costa este como peche da xira que os tiña levado polas cidades máis populosas de Norteamérica ía culminar o 6 de decembro de 1969, data que puxo fin a un ano convulso e que se levou por diante a década do amor libre, dos soños florais e tamén da consigna: paz e amor, irmáns!

Así pois, aquel festival arruinou as poucas ilusións que quedaban en pé da fabulosa etapa que levantara o pano no 1962 con Love Me Do dos Beatles, o cuarteto de Liverpool que transmitía alegría e xovialidade. Pero co paso dos anos viñeron despois tempos, bad times, tempos máis amargos e complexos, onde a droga fixo estragos, e chimpou para o outro “barrio”, entre outros, a Jimi Hendrix, Janis Joplin, Brian Jones, Jim Morrison…

Aquel maldito festival de Altamont, que ía culminar coa actuación das súas satánicas maxestades británicas, contaba no seu cartel con grupos como Jefferson Airplane, Santana, Flying Burrito Brothers, Crosby, Stills, Nash & Young e Greatful Dead e reuniu  uns 300.000 espectadores. Os chamados “Ángeles del Infierno”, unha banda de moteiros cunha multitudinaria ficha de actos e falcatruadas delitivas no seu haber, foron os encargados de garantir a seguridade na área próxima ao escenario, a proposta dos Greatful Dead, que, non obstante, en vista do camiño que foron collendo os sucesos renunciaron á súa participación, pois entendían que canto antes o fixeran os Rolling mellor sería para todos.

FUUAXD6YWZBHHLE3A7KYC5CNRQ Como así foi. Durante a actuación da banda de Jagger e Richards os ánimos acendéronse definitivamente. Saltaron chispas nos arredores e fronte aos gardadores da seguridade e no fragor da batalla que se desencadeou entre uns e os outros, rexistráronse ao final catro mortos e decenas de feridos. E aí empezou o final dun soño, a sanguenta volta á dura realidade. Aínda así e todo, non foi a única traxedia que se rexistrou nun multitudinario festival. Dez anos máis tarde, en Cleveland, unha fuxida previa a un show de The Who, saldouse con 11 mortes e centos de feridos.

Aínda que tiñan ocorrido cousas e feitos moi distintos dos que proclamaban as cancións agradables dos anos da paz e do amor, do Summer Love, e comezaron a descubrirse acedos desamores, e ademais empezou a aflorar unha certa conciencia crítica social e política (así como a guerra do Vietnam), no 1971, é dicir, fai agora 50 anos, publicouse un formidable cesto de discos. Non collen todos aquí, nin moito menos. Limitarémonos a bosquexar algúns deles e, se o tempo e as autoridades o permiten, dos demais falaremos noutra ocasión.

E como empezamos polos Rolling Stones, tamén arrancamos cun disco deles: “Stick Fingers”, un álbum marcado pola presenza de Mick Taylor, un mozo de 20 anos, discípulo de John Mayall e que xa tiña participado en “Let It Bleed”, como substituto do falecido Brian Jones, pero foi neste traballo onde ofreceu a súa mellor versión como guitarrista virtuoso, pero con alma de blues.

81l0jrw7q8L._SY355_“Pearl” de Janis Joplin. A cantante texana morrera o 4 de outubro do 1970 de sobredose. Era a primeira gran estrela feminina na historia do rock. Tiña 27 anos. Tres meses despois do seu finamento editouse “Pearl”, LP no que se mergullara nos últimos tempos da súa vida e que resultou ser o máis vendido da súa carreira. Trátase dun álbum ateigado de baladas nas que se aprecia a testemuña dunha muller azoutada pola pena e falta de amor. Janis trónzase a alma en cada un dos temas, onde o que canta é máis que crible, pois son auténticos lamentos coma Cry Baby, A Woman Left Lonely, My Baby... que poñen os pelos de punta aínda 50 anos máis tarde.

Nesta colleita colocamos un disco español: “Mediterráneo”, de Joan Manuel Serrat, e que estivo 21 semanas no número un da listaxe de vendas. Nun país xeneticamente inclinado á dó fratricida e veciñal, o álbum xerou un enorme consenso, como talvez nunca máis se repetiu, porque lle gustaba a todo o mundo.

Sen dúbida unha das xoias más prezadas daquel 1971 foi “Hunky Dory” de David Bowie. Con motivo de renderlle unha pequena homenaxe polo quinto cabodano da súa morte, que tivo lugar o 10 de xaneiro do 2016, queremos facer un esbozo un pouco máis ampla. Cando Bowie publicou este disco tiña 23 anos (nacera o 8 de xaneiro de 1947 en Brixton) e xa era o cuarto da súa carreira musical. Pero este foi o que realmente o converteu nunha estrela mundial do pop-rock-glam.

81UL3M0WATL._SY355_Antesala de “The Rise And Fall Of Ziggy Stardust And The Spiders  From Mars (1972), “Hunky Dory” é un disco aínda agora fascinante e é onde o artista londinense descobre que a súa voz posúe un hipnótico magnetismo. Dado que un pouco tempo antes deste traballo tiña editado “The Man Who Sold The World”, que producira Tony Visconti e que a crítica acollera dun xeito bastante morno, case sen entusiasmo, Bowie reformulouse a súa relación co mundo do espectáculo. Decidiu coller o mando en primeira persoa e introduciu profundos cambios no seu equipo musical, o cal pasou en primeiro lugar por destituír Visconti, entón demasiado ocupado en promocionar a T.Rex, e ademais modificou as posicións dos músicos na súa formación titular.

Como resultado, en xeral notouse un son menos crispado que nos traballos anteriores, á vez que deixaba espazos máis abertos o cal aproveitou para impor a súa voz e que se percibiran sen estorbos todas as súas inflexións dramáticas. A partir de aquí, empezou a súa escalada cara ao estrelato, para o cal ademais soubo pórlle un pouco de ambigua pementa picante: vivía casado con Angie Barnett, coa que tiña un fillo (Zowie) e na hora do lanzamento do seu novo álbum, declaraba con toda naturalidade diante da prensa que era homosexual. A continuación veu outro cambio de imaxe, “Ziggy Stardust” e o mundo ficou aos seus pés.

6 comentarios en “Algunhas xoias da colleita do 71

  1. Querido Gonzalo:
    Agradezco a Magdalena la rapidez en sus respuestas ya que expresan lo que yo pudiera decir.
    De los nombres que mencionas, para mí sólo queda el recuerdo de los Beatles y los Rollig Stones. Por supuesto, también conservo “Mediterráneo”. Como tengo por norma, escucharé algo de los grupos que mencionas. Me apetece oír alguna cosa de Janis Joplin, la cantante texana.
    ”Paz y amor, hermanos”. De acuerdo. Pero pienso que hay maneras…
    Un gran abrazo.

    1. Amiga Carmen, tampouco eu sei o nome de moitos músicos clásicos ou doutras tendencias. O refrán que non fun quen de escribir na resposta a Magdalena di que non o podemos saber todo, e unha canción dos Rolling que non sempre podemos conseguir o que queremos. Non pasa nada. Gracias por ler o artigo.

  2. Bo día, amiga Magdalena. Como di o refrán . Así que ninguén queda noutra época. Todos nos inclinamos por unhas ou outras cousas por azar, por puras coincidencias, aínda que moitos non cren nas casualidades. Gracias por ler o artigo e polas túas palabras de alento. Bicos.

  3. Bos días, querido Gonzalo:

    Déixasme aparvada sempre que leo os teus comentarios sobre a música e os seus cantantes e compositores. Parece que somos doutra xeración diferente.
    Dame moita rabia non saber contestar a tan bos artículos pero, aínda que somos da mesma idade, eu quedeime no Paleolítico. Só che podo dicir, que aínda que non sepa aportar nada, polo menos recollo os teus coñecementos. Acabo de apuntar as cancións que enumeras de Janis Joplin para ver se a mín tamén se me pon o coiro de galiña.

    A foto de David Bowie é preciosa.

    A canción de Serrat, “Mediterraneo” dela sí podo dicir que foi sacada do inxenio dun xenio.

    Moitos biquiños palmeiráns, querido Trasbach

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *