Vacinación en serie

20_THT31141_800xDomingo Regueira. Polas corredoiras da treba visigoda, bramidos tráxicos presaxian fatais desenlaces. Nun chocolear de zocos ferrados, foxen en desbandada vellos e mozos coma se dun ataque alien se tratase.

Son os grampadores que veñen vacinar os rurais. Pero os rústicos, que non queren perder o seu ADN neandertal, repudian os militares reciclados que pretenden meterlles nos seus corpos substancias que non lles petan. Eles, coma os musulmáns, prefiren curar as gripes, murrias ou trancazos seguindo as recomendacións de Hipócrates, Paracelso ou Avicena. Estes vellos galenos xa dicían que as enfermidades sempre eran estacionais; coas témporas sempre veñen os andazos.

Segundo a época, xa estaban preparados de antemán, para recibir os pacientes. As gripalladas curábanse con viño tinto fervido e catro mantas. Con aqueles efluvios non había bicho que aguantase.

Dende un helicóptero os rastreadores anúncianlles aos rústicos que van proceder a unha vacinación en serie. Que cando oian a bomba estean todos prestos para recibir o remedio.

Esta vacina española, saída da célebre universidade R. J. C., é un invento que se lle ocorreu ao carpinteiro da Complutense. Non se podían botar anos poñendo a vacina Pfizer co risco de que perdese o ciclo do frío. Por tanto, a universidade optou por abrazar a idea do carpinteiro.

O oficial técnico da madeira foi presentado no paraninfo con carácter de urxencia, para que lle expuxese ao persoal docente (catedráticos, adxuntos, interinos, persoal administrativo e de limpeza) a súa idea; porque o proxecto…, sería cousa do reitor.

O obxectivo do plan consiste en habilitar unha grampadora industrial, untar as  grampas co antídoto e, ao mesmo tempo, implantar na grampa o chip de Bill  Gates: trátase dunhas grampas arpoadas dotadas dun nanométrico sistema con tecnoloxía cuántica (dos grises) onde, na dita peza metálica, colgará –a modo de prospecto– unha etiqueta coma a que vén coa roupa.

 Cerebro onde os haxa, o eminente oficial expuxo as liñas básicas para o desenvolvemento xeral do programa. Proposta ovacionada que ao momento quedou rubricada.

Ao paso dos grampadores, a xente deberá colaborar asomando os glúteos por portas, ventás, bufardas e postigos.

–Xa explotou a bomba!!

–Onde me poño, meu home?

–Na ventá do vertedoiro.

–Traca, traca, traca…

Séntense os disparos das grampadoras e, por detrás, os ais!

–Ai, Manuel, mírame. Ai, que no me podo sentar! Que me puxeron?

–Aquí cólgache unha etiqueta.

–E que di?

–“Pase sanitario”. Debe ser coma un salvoconduto. “Poderá saír do perímetro, entrar en clínicas, supermercados e demais institucións relixiosas, financeiras e administrativas”. Sinal que deixas de ser un perigo para a humanidade.

–Non lle terei que ensinar a cacha cada vez que mo pidan!?

–Cortareille o fío. A grampa haberá que deixala porque, se cadra, fai de antena para saber por onde andas.

Dado o éxito, o reitor propón concederlle un titulo ao carpinteiro coma o que teñen lefado outros e outras.

Aí vos vai feliz a María coa nova tarxeta sanitaria colgada do pescozo a velorios, enterros e supermercados, e sen máscara.

5 comentarios en “Vacinación en serie

  1. Querido Mingucho:

    Cando apareceu o coronaviros dixeron que morría coa calor. Pero pasou o veran e aí continúa, por se fora pouco, camuflado con diferentes disfraces.

    Por sorte aquí non chegamos a eses extremos de ir ás carreiras nin sequera para vacinarnos. No meu entorno só coñezo a unha persoa que o fixo e parece que non vai mal. Aínda que, despois de ler a túa publicación, decididamente: non me vacino e renuncio á etiqueta !!! Ademais, coa máscara, teño a vantaxe de ocultar as engurras.

    O malo do conto é que nos deixaron sen auga hai un par de horas, sen avisar. E, aínda que a cotío gardo auga por máis, hoxe o corte atopoume en albis e non me queda máis remedio que usar a cisterna do inodoro se non quero deitarme sen lavarme os dentes. E iso lévoo ao pé da letra: só tiña que ir ao dentista nas circunstancias actuais …

    En canto ás doutrinas: fun educada do mesmo xeito que Magdalena e, sen negala, tamén contan os meus criterios ou a miña intuición. Tampouco me engana o que me poden dicir na televisión: observo aquí e acolá e actúo en consecuencia.

    E, mal que me pese, non estás equivocado nas túas observacións. A verdade é que é un pracer lerte. E Magdalena non che nega pares. Muller envexable!!!

    Unha aperta para os dous.

    1. Apreciada Carme:
      É un pracer lerche en ese galego tan fluído e gracioso co que tan ben te expresas. Que calado o tiñas! Ou tiñades, por que Magda tamén cambiou o chip, e mira o ben que o fai. A ver si lle cambia tamén o da diversidade e se fai menos radical e máis tolerante.

      Con respecto a túa intuición e maneira de manifestala, direiche que coincidimos plenamente aínda que supoño che quedaron moitos matices no tinteiro.

      Algúns non dan inventado neoloxismos pexorativos para descualificar ós que denuncian esta perversa farsa; Negacionistas, conspiranoicos, coviescépticos, anti-vacinas, etc. Son o que saben inventar, porque os científicos do mundo non dan explicado a secuencia do pseudo vicho, para combatelo nin detectalo con ese falso test, onde o inventor (Premio Nobel, Kry Mullis) asegurou en público que o seu invento non valía para tal fin, pero a pesares diso seguen manexando este aparello para xustificar o arresto de calquera persoa arruinándoa ou cravándolle a vacina mortífera aínda que sexa asintomático, Australopithecus, homo sapiens ou da Carballa.

      Ven vida Carme, o clan dos antivacinas e antipandemicos.

      Afectivas apertas e saudiña dende o Eitón.

      Nota: Kary Mullis créese, foi “suicidado” en 2019.? Para algúns, falaba demasiado.

  2. Ai, noso querido Mingucho ! Eu xa sei que a vacina non é un antitodo,pero sí é un antídoto, e como tal a debemos ver e recibir, pero ti ca túa heroica obstinación non te das conta de que eses miles de persoas que morreron non foi pola vacina – aínda na puxeran- foi polo virus, e a ese virus hai que derrotalo antes de que el nos derrote a nos.

    Quén me dera saber esgrimir esa arma da persuasión para poder convencerche pero, como dicía don Ramón, todalas guerras civiles están irremisiblemente perdidas, e xa sei que o teu é “sostenella y no enmendalla”.

    Agradézoche a recomendación dese documental, pero como eu non son partidaria da Eucaristía do granito, (cando comulgo non o fago con rodas de muiño) prefiro a tese contraria á tua, e morrer a ser posible con vacina e non sen ela. Como dicía o xitano : ” No semos nadie, ni micóbrios” ao mellor ca Fosun Pharma, ou oitra calquera que sexa, non deixamos de ser “naide” pero pode que sexamos ninguén con menos microbios.

    E para rematar, coma persoa de fe, xa que citas ó Barcelona diréiche que, como crente que son, eu pídolle a Dios, (do cal non dudo do seu madridismo) que nos bote unha manciña e nos dea saúde a todos.
    Unha aperta noso Mingucho.

  3. Bos días, noso Mingucho:

    Falando da tisis, Maquiavelo no libro “El príncipe” dicía “En un principio es fácil de curar y difícil de reconocer, pero con el curso del tiempo, si no se ha identificado en los comienzos ni aplicado la medicina conveniente, pasa a ser fácil de reconocer y difícil de curar”. Polo tanto, apliquemos a conveniente vacina e fagamos caso do que nos di o pai da ciencia don Nicolás.
    Estaríamos nós aquí agora si o pioneiro das vacinas don Louis Pasteur non aislase o xermen do cólera e non descubrise o tratamento contra a hidrofobia ?

    Noso Mingucho, sabes que me encantan as túas xenialidades pero, faime caso, e cando che toque, grápate na cacha esa etiqueta. Eu estou desexando que me toque o turno.
    O Islam asegura aos seus devotos a inmunidade contra a triquinose a cambio de non comer xamón, nos, temos máis sorte de non pertencer a esa comunidade, pero contra o COVIT, eles tamén poñen a cacha pola ventá do vertedoiro.

    Noso Mingucho, sé Valente, non é máis caun simple pinchaciño, nin te enteras.

    Bicos dende o Brañal,

    1. Querida Magda:
      Isto é coma unha doutrina, cada un estamos condenados a seguir ó seu pastor. Por por mais que intentes facer cambiar a un afeccionado barcelonista a ser madrilista, témola clara; e así che direi o mesmo, coas relixións, políticas ou chauvinismos, son peores que es drogas do alcohol, do tabaco e a de comelas uñas.
      Se so miramos a televisión e perdemos a noso intuicionismo de cuestionar cantas fochas e burradas soltan os nosos queridos periodistas, presentadores e mercenarios “sanitarios”, e como para levalos diante dun tribunal de dereitos humanos (se existise como tal) e demandalos por por participar neste crime de lesa humanidade.

      Todo o que está pasando, naceu a partir segundo estimacións da NOBLEZA NEGRA de que o planeta está superpoboado, e polo tanto, hai que facer unha merma na poboación; queiras ou non, hai que ir desfilando, pero deixando todo nas máns de un neocomunismo salvaxe onde che obrigan a deixarte pinchar ou senón, métenche na cárcere, (Hostipal Isabel Zelaya) onde desaparecerás sen que os seus familiares se enteren, por que ao entraren alí requisarlle os móbiles.

      É sospeitoso que, en contra da referida deforestación humana nos queiran salvar inxectándonos unha sustancia a forza, e gratis, sen interesarlles que a xente morra de fame e de desesperación no paro (sen prestación algunha), mirando pola ventan do patio durante anos.

      E conveniente coñecer diversas opinións a través das redes sociais e non fiarse dos perversos sistemas mediáticos onde só aparecen os afíns a doutrina das élites (Grandes corporacións financeiras, comerciais, industriais etc.

      A este ritmo de robotización, nunca se vai necesitar mais man de obra e polo tanto para eles sobran pensionistas, senís, manifestantes e paseantes de cans.

      Para non estenderme máis recoméndoche ver o documental, [(“Asesinados” el documental) posto recentemente no meu Facebook: Domingo Regueira)]

      A diversidade, sempre amplía a ventá o universo.

      Eu xa sei que ti es unha persoa de fe, pero por si acaso, tamén quero recomendarche que non te apresures; e contrastes outras opinións con respecto a esas milagrosas vacinas.

      Apertas querida veciña e un pracer recibir as túas suxerencias, opinións e recomendacións.

      Moito madrugas!

      ¡Cráneo previlegiado! Dicíallo ún a Max Estrella en “Luces de Bohemia” de Valle-Inclán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *