Tertulia pandémica

_5454651_37c6f1a1Domingo Regueira. Na farmacia, con bancos para os que esperan, parolan catro clientas.

Las mías son como estas –apuntando co dedo na revista HOLA–, son las mejores.

–Ay si, chicadi a veciña co dedo nas gafas–, son las “FFP2”, las mismas que tengo yo.

Efectivamente, son las que usan los cirujanos para operar. Yo las pedí a Amazon. Cuantas más compres, más baratas te salen, pues por unidad cuestan a 333 leandrasengade a terceira pola esquerda.

Y tú, ¿cuáles usas? –pregúntanlle a do HOLA á do extremo.

–Eu uso a familiar e, cando está sucia, lavámola, e ala! Poñémola só para que non nos multen, e o argueiro quitámolo sen ela.

Hay mujer, pues para el arguero la deberías usar ¡Con lo que cheira el metano!––intercede a do HOLA.

–Non facer caso! O metano da corte non fai dano pois, se así fose, as vacas estarían todas mortas. E os cirurxiáns, se as poñen, é para non esbirrarlles nas tripas aos doentes, non é para protexerse de ningún virus –contéstalle a rural, con asilvestrada vehemencia.
Hay mujer, no digas que no protegen! –obxéctalle a do HOLA.

–Pois eu coido que non protexen nada; daquela, os “chaneles” vánsevos perder no tocador. A min gústame ulir o aire do campo sobre todo na primavera, os olores da herba-luísa, da menta, do azar, da ruda… (e entoando, segue). Gústame o olor do pan, do caldo, e non vexades cando fago a fabada coa súa pancetiña o seu chouriciño, o alliño a folliña de loureiro e as pataquiñas picadas; aquel ulidiño ata lle abre o apetito aos da UCI. Agás diso, o malo son as dixestións. Tes que saír da casa, filla! Porque, se non, fraqueas! Ata as avelaíñas caen do teito. Son as cicloxéneses explosivas de corpo humano que tolean por oxixenarse, e se non lles dás saída podes estoupar coma unha breba.

Hay mujer, mucho te extiendes.

–Isto non é nada pois, antes de saír, apeteceume unha cunquiña de feixoada con aquel prebiño cremoso que me soubo a gloria. E claro, agora estou penando as consecuencias… e estas dependentas non dan bulido.

Pero tranquila, mujer, deja de moverte tanto que ya nos va a tocar.

–Móvome porque coas présas puxen unha braga da miña filla e agora xa non a atopo; cólaseme para o fondo e vou rebentar se non consigo atrapala. Hai, hai! Parece que sae. Ata me ten enganchado nun labio. Hai, hai…! Saíu! Diolopaghe!

Pasa, un, dous, tres, catro e cinco: e nese intre, tres finolis con aire detectivesco empezaron a mover a cabeza coma un periscopio. Unha delas solta:

Quién fue!?

A xente deixa as cousas no mostrador e enfilan a porta. Detrás, empuxando, saen as mancebas cos dedos abertos buscando aire.

Hortensia permaneceu no banco e, estirando o torso, dille ás da beirarrúa:

E vós sodes as da voceira de dúas capas?, pois a miña fíxena dun suxeitador e aínda teño unha de reposto!

Na porta parecía que houbera un accidente e os coches aminoraban para… Pero axiña saían rinchando, subindo a ventanilla.

7 comentarios en “Tertulia pandémica

  1. Mi querido Mingucho: Lo de “negacionista” queda claro. O de bo partido non o sei, hasta ahí non chego. Cada un sabe o que ten, non os outros.- Lo que no acepto es lo de “nin para reciclaxe”. Eso no es verdad y tú lo sabes.

    Sobre la pandemia podría hablarte largo y tendido, incluidos sus cuidadores como son todo el equipo médico que nos protege y cuida cuando necesitamos de ellos. Disponemos de una Sanidad, la mejor de Europa, y que muchos desearían para sí.- Antes, nuestros antepasados, se morían a montones por falta de adelantos y vacunas, por una seria de virus que se desconocía su procedencia y medios para combatirlos; pero gracias a las “benditas vacunas”, muchos, muchísimos se han salvado como está pasando ahora. Así que…, ¡a vacunarse!.
    Y ya no sigo porque al final, va a ser como tú digas y no la opinión que podamos aportar los demás.- Lo dejo para Magda que sabe “rebatir” tus opiniones, mejor que nadie.

    No te veo nada y paso mucho por delante de tu casa. Si por mascarillas es, puedo cederte un par de ellas. Poner no la pondrás, pero si sales a la calle sin ella, te expones a que te multen por no guardar las normas establecidas por Sanidad. Y ya no son las normas si quieres: es tu salud y la de los demás al no ir protegido con la mascarilla.
    Te dejo porque no creo que mi sermón haya servido de mucho.- Aun así, sabes como te aprecio.

    Un abrazo desde O Vilar, antes Miñoteiro.

  2. Querido Mingucho:

    Non teño claro si as máscaras protexen ou non. Pero podo asegurar que eu (sexan do tipo que sexan, iso dame o mesmo), por se acaso, poño unha enriba doutra.

    Antes da pandemia case non soñaba, e se o facía non recordaba nada ó espertar. Pero, dende hai un tempo, só soño con máscaras: despois de saír a rúa, mercar no super, falar coa xente (todo no medio do sono) decátome de que non levo máscara e, do susto, esperto.

    En canto aos cheiros, ten por seguro que os sigo percibindo en toda a súa esencia: o caso é que o encerro avivou a miña actividade culinaria e, para máis, na casa ando coa cara descuberta. Enriba, para facer un caldo que se prece, mándanme os preparativos (excepto os grelos) dende o mercado de Padrón, dun día para outro, e incluso os veciños paran a ulilo nas escaleiras coa mascarilla e todo.

    Aínda me quedan cousas por responder, pero non podes estar ao santo e á esmola: estiven a ver “Prodigios” na tele e rematou moi tarde.

    A xulgar polos consellos que che dá Magdalena, resulta que, ademais de enxeñoso, es un bo partido… Vaites, vaites!…

    Bonitos soños.

    1. Estimada Carme:

      A Modo de psicanalista silveirento, chámame a atención ese súbito espertar aterrorizada por lo descoido do voceiro.

      Quero pensar que o susto provén do medo a que as forzas represoras, nos sancionen, nos deteñan, ou que os exaltados policías de balcón nos recriminen, con insultos ou ameazas delatoras.

      Pois coido que si é por medo a que che pille o virus, entón estamos apañados.

      Acabaremos sellando con silicona portas e ventás, non vaia a ser que apareza o virus o rico aroma. do cocido.

      O de bo partido, non lle fagas caso. Nin pa reciclaxe.

      Apertas amiga Carme, dun irreparable negacionista do Eitón.

  3. Si as máscaras deixan pasar una flutuencia silvestre, como poden frear un virus inverosimil que nin os mais expertos científicos do mundo son quén de dan co el.

    Éche de sentido común Magda.

    A voceira e sinónimo de escravitude, vasalaxe e de réximes absolutistas.

  4. Bos días, noso Mingucho:

    Miguel Delibes dicía de Paco Umbral que escribía como os demáis mexamos, e dicir, naturalmente, dando saída a uns fluídos que lle sobran.
    Agora mesmo estou pensando o mesmo de ti. Ti, desafógaste, divírteste, e fas da palabra un desafío.
    Se non fose porque me fas rir…

    Verdade que este inverno non houbo gripe ? póis foi porque a FFP2 nos protexeu dese mal que nos vixia.

    Sei que esto vai a ser una discusión bizantina igual que discutir sobre o sexo dos ánxeles , como diría o Emir: “Mi gozo en un pozo” pero polo menos o emir sácalle proveito, eu sei que non.

    Biquiños voando para o Porto dende o Brañal.

    Coidate e pon a máscara, que cando un millonario pasa a mellor vida… os seus herdeiros tamén.

    1. Si as máscaras deixan pasar una flutuencia silvestre, como poden frear un virus inverosimil que nin os mais expertos científicos do mundo son quén de dan co el.

      Éche de sentido comón Magda.

      A voceira e sinónimo de escravitude, vasalaxe e de réximes absolutistas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *