Galicia e os galegos na poesía castelá CXLIII. César M. Arconada

descargaRomán Arén. Quen asinaba César M. Arconada nacera en Astudillo, Palencia, en 1898 e o seu primeiro apelido era Muñoz. Foi figura importante na vangarda española, autor de ensaios como En torno a Debussy (1926), Vida de Greta Garbo (1929) e Tres cómicos de cine (1931), pero tamén narrador social en Los pobres contra los ricos (1933) e Reparto de tierras (1936), ademais de importante xornalista en <El Diario Palentino>, <La Gaceta Literaria>, <Octubre>, <Tensor>, <Nuestro Cinema> e <Mundo Obrero>. Cultivou tamén o teatro en 3 farsas para títeres (1936) e foi importante poeta ultraísta en Sed (1922) e Urbe (1928). Exiliouse en Moscova despois da guerra, onde faleceu en 1964. Varias das súas obras coñeceron reedicións a partir de 1974. Colaborou con moitos poemas na presa republicana da guerra civil e varios dos seus textos figuran no Romancero General, entre eles “Romance de Julio!” que leva como refrán ao comezo, e entre estrofas, estes versos:

¡Franco, traidor de traidores,/con su gente sublevado!

O poema é moi estenso, 174 versos, e ten momentos moi logrados.

Canta su vivir la vida/en cada aliento del campo/y de límites a límites/afanes siembran los pasos.

Pois a sublevación foi un corte violento:

¡Ay, Julio, corte de simas,/en paz de camino llano!

Presenta unha vida do campo idílica ata a guerra civil:

Ayer los hombres vivían/tranquilos como rebaños/que apacientan sus esquilas/en el verde de los prados.

Había futuro (“ayer tenían mañana/los anhelos que soñamos”), pero de socato “qué silencio/finales, qué sobresaltos/de angustias, qué sangre roja/parada en fríos de mármol/sobre un dolor de ceguera (“La guerra, viene la guerra/como un tropel de caballos…”), Franco, “traidor de traidores”, sublevouse en xullo e España “en armas lucha/contra la traición de Franco”.

Un comentario en “Galicia e os galegos na poesía castelá CXLIII. César M. Arconada

  1. Nada menos, prezado Román, que en nome de Cristo ao fronte dun exército que contaba nas súas filas con mouros. Lembrenos a famosa garda moura a cabalo de Franco, que o acompañaba como se arremedase unha Cabalgata de Reis.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *