Galicia e os galegos na poesía castelá CXLV. Un socialista: Luis Araquistáin

araquistainRomán Arén. Luis Araquistáin e Quevedo foi una figura moi importante na política española de preguerra e da Segunda República, non tanto polos seus cargos políticos (deputado, embaixador en Berlín) como polo seu liderado da esquerda socialista e referente do pensamento progresista español, que exerceu como director de publicacións como <España> (1916) e, sobre todo, <Leviatán> (1934-1936) e <Claridad> (1935). M. Bizcanondo estudou o papel de Araquistáin no pensamento da esquerda española nun libro de 1975. Pero Araquistáin, nacido en Bárcena de Pie de Concha en 1886 e membro da Xeración do 14, a de Ortega e Pérez de Ayala, foi tamén un dramaturgo destacado do teatro social e de ideas en obras como Remedios heroicos (1923), El rodeo (1925), El coloso de arcilla (1929) e La rueda de la virtud (1930), un narrador nas novelas Las columnas de Hércules (1921), e El archipiélago maravilloso (1923) e no libro de relatos La vuelta del muerto (1924). Crítico, publicou La batalla teatral (1929), pero destacou no ensaio social e político con obras como El ocaso de un régimen (1930), La revolución mexicana (1926) e La agonía antillana. El imperialismo yanqui en el mar Caribe (1928). Exiliado en 1939, en 1942 publicou La guerra desde Londres e, tras a súa morte en Suíza en 1959, editouse El pensamiento español contemporáneo (1962).

Os ensaístas como Araquistáin, Fernando de los Ríos e outros destacados esquerdistas, foron marxinados na Historia da literatura española, mentres permanecía Ramiro de Maeztu.

Tráioo á memoria porque foi amigo de Valle-Inclán, a quen dedicou un soneto escrito en Milán o 26 de setembro de 1920, co título “Italia, 1920”:

El aire está impregnado en Italia de acre aroma/de sangre humana. Un viento de social cataclismo/agita almas y fábricas. Es que la vieja Roma,/la vieja loba, muerde a su hijo el capitalismo./Por Oriente, otra vez el Evangelio asoma,/como hace veinte siglos asomó el cristianismo,/y otra vez esta tierra, en su mágica redoma,/funde emoción y norma, la ley el bolchevismo./Aquí la vida ha roto su secular rudeza,/y sólo tiene, como el Renacimiento, un dique/de gracia, perfección, equilibrio y belleza./Vos, don Ramón, que sois el primer bolchevique/y el último cristinao – que sois fuego y justeza-,consentidme que nueva tan buena os comunique.

A Italia de 1920 é a da emerxencia de Mussolini, que proviña do socialismo italiano (e que tamén foi novelista), polo que Valle tivo moita simpatía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>