Última testemuña

137946-dMarina Losada Vicente. O mango era un mango, certo, non podía ser outra cousa, o caso era saber o mango de que? Pouca importancia tiña para o caso algo tan redondo no seu contorno, tan suave ao tacto, tan indefenso na súa propia inutilidade, de goma dura ou dun plástico especial… pero que demo pintaba ao carón dun cadáver? E por que lle faltaba a cabeza -ao mango, non ao cadáver!

Por moito que a morte, nun primeiro recoñecemento, aparentase ser natural, e que o corpo non presentaba sinal algún de violencia, aquela parte, que non un todo, dun utensilio doméstico, quizais un recoller de man, ao mellor unha ferramenta de xardín, o mango dun cepillo para a ducha do lombo… a saber! Semellaba fóra de contexto, enriba da cama, o que incomodaba a Ofelia, á oficial ao mando, pouco amiga de deixar cousas sen explicar, máximo cando aquel obxecto semellaba ser a última testemuña da morte dunha muller de apenas cincuenta anos.

Unhas semanas despois, a autopsia confirma morte por trombose, explicable pola presencia de varices internas, quedando o caso pechado, a non ser para a tenienta, que, pola súa conta e risco, sen dicir nada aos superiores, e considerando que a súa tranquilidade ben valía o gasto, mandara analizar o mango. Cando abre o ordenador e ten diante os resultados, un sorriso pícaro asomou á cara de Ofelia: “… contén restos dun lubricante sexual, ademais de fluxo vaxinal da falecida”.

6 comentarios en “Última testemuña

  1. Marina: Cuando he visto el “mango de marras”, no pude menos que pensar mal. Y conste que no soy “mal pensada”, pero mi intuición me llevó a esa conclusión. Por otro lado ya conoces uno de nuestros muchos refranes que dice: “desconfía y acertarás”. Y este, encajó muy bien, sobre mi desconfianza respecto al mango. Un tanto tosco, pero con unas características muy aproximadas a otros más sofisticados.
    Pobre mujer!!! Sin embargo, como bien has dicho: morra a marta, morra farta. Si murió por una dosis emocional fuerte…Incluso la muerte le supo bien.
    E para rematar direi que, como o tenente, ante a desconfianza tamén decidiría facer a autopsia a finada.

    Eu rin Marina. Grazas.

    1. Si que alimenta a imaxinación a foto, si. Mesmo a cor parece indicar un desexo inconfesable. Alégrome de facerte rir, Naty. Saúdos.

  2. Querida Marina, ao ver o dibuxo pensei que era o mango dunha corda coma a que xogaban os meus fillos cando eran nenos, póis cando eu o era, nin mango tiñan. Só un nó en cada extremo da corda, e iamos todas contentiñas a facer xemelgos nas pantorrillas.

    Bueno, xa me fixeches rir un pouquiño. Ese “mango” ou como se chame,debeu de facer as veces de Mjollnir, o martillo que enarbolaba Thor para rematar aos inimigos. A pobre da muller debeu de abusar das revoluciós centrífugas, pero xa coñeces ese refrán que di: “El que por su gusto muere, hasta la muerte le sabe”.

    Moitos biquiños, Marina.

    1. Certo, Magadalena, “morra a marta, morra farta”… Cando vin o debuxo que acompaña ao texto, eu que xa sabía o final, pensei que era revelador. Pareceume que o uso que lle daba a defunta quedaba claro na imaxe… alégrome de saber que despista. Bicos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *