X Semana da Historia de Noia

historiaXerardo AgraFoxo. No ano 1434 o arcebispo Lope de Mendoza, para celebrar con solemnidade o Primeiro Ano Santo de Compostela, consagrou a igrexa de San Martiño, tal como reza no lintel da súa porta principal. Con tal motivo, baixo o patrocinio da Concellaría de Cultura de Noia, celebrarase no Coliseo Noela, entre o 8 e o 15 de maio, a X SEMANA DA HISTORIA DE NOIA, baixo o lema de Era de 1434.

Unha idea xurdida da man e Antón Avilés de Taramancos no ano 1991 e que influíu de maneira decisiva para que o Cabido Metropolitano da Catedral de Santiago de Compostela recoñecese o Portus Apostoli como un dos abeiros a onde chegaban os peregrinos que viñan por mar para rezar no sartego do Apóstolo. Así, durante a Idade Media, houbo 64 portos ingleses de saída de peregrinos e a navegación cara a Galicia só duraba catro ou cinco días se as condicións de navegación eran favorables.Os barcos ancoraban no seo da ría e os navegantes entraban no casco histórico pola Porta da Peregrina que daba acceso á Praza do Tapal. Neste ano chegaron a Galicia 63 naves con milleiros de romeiros procedentes de Inglaterra.

Na X SEMANA DA HISTORIA DE NOIA, tal como se pode apreciar no programa adxunto, recóllese un conxunto de actividades culturais relacionadas con aquela época. Compañeiros do Café Barbantia, estades todos convidados!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *