Galicia e os galegos na poesía castelá CLI. Outra vez con Macías: Gregorio Silvestre

110464331Román Arén. volve aparecer Macías na poesía do século XVI da man do músico e poeta Gregorio Silvestre Rodríguez de Mesa, nacido en Lisboa en 1520, pero establecido en Sevilla dende neno, onde serviu ao duque de Feria. Notable músico, foi organista da catedral de Granada, cidade na que faleceu en 1570. Foron a súa viúva e fillos os que editario as súas obras en 1582. E entre esas obras está a Residencia de Amor, un tribunal de coitas amorosas, na que aparecen estes versos:

Que son todas niñerías/que la ocasión levantó,/y el fino amante es Macías,/que por solo amor murió.

A morte por amor de Macías superará a súa sona poética e farao personaxe literario en Santillana e Juan de Mena, en Lope de Vega e Larra, en Enrique de Villena e Quevedo, en Sánchez de Badajoz e Diego de San Pedro, en Góngora e nos poetas galegos do século XIX. Non é pequena fama. Creo lembrar que unha profesora da universidade de Compostela (Penas Varela) estudou nun libro o ronsel literario do galego Macías.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *