O feitizo das palabras

KCOD6TOQ5RFIRLXOPX4N5XJUUEFidel Vidal. Cadaquén ou cada cousa que posúe un nome –flor, Hamlet, cunca, reloxo-, posúe ademais a calidade de ser contados, numerados, un a un, e cantados, ou de contar con eles ou con el (encantados de os coñecer). Somos conscientes de que en determinadas ocasións abonda con dicir un nome para saber do que falamos, para coñecer o texto  completo sen poñelo ao descuberto na súa totalidade. Sobra coa indicación. É posíbel dicir de alguén canto queiramos sen o dicir de vez. “Xa me entendes…”, e formulamos nesa interrupción a expresión dunha realidade suposta: a conexión co outro que, na forma máis expectante e certeira, completa a exactitude da frase: “Non me digas máis…”.

Non existe agulla imantada que me oriente ou me occidente neste mapa inacabado. Só responde o chifre e a voz dunha estación sen parada: digamos o Inverno. “Eu non busco, atopo”, dicía Picasso. Mais quen atopa só pode ser aquel que anda na busca. Outras veces, pola contra, andamos no afán de nos desfacer daquilo que doe, ou por capricho, mais vémonos incapaces de nos librar del, de zafármonos. A vontade non alcanza expulsar o teu recordo de min, do meu primeiro amor: ti, aquí, ateigando o meu ser de tanta ausencia. Non me digas máis… Velaí o feitizo das palabras ao vivo. O regreso do péndulo.

O non expresado ou non dar saída pola lectura (a letra impresa) ten, na súa perspectiva, a posibilidade de provocar emoción (e moción de censura), de emocionar, como resposta ao verbo non escoitado. Morna conmoción do espírito. As palabras convócannos ao misterio que hai alén delas unha vez escoitadas ou lidas: Serão palavras só,/ e só palavras, o que diremos (Eugénio de Andrade). E non escudriñedes nas causas porque non existe ningunha explicación acertada. Se acaso nalgún recanto, nalgún reconto ou reencontro, escuro e ás escuras, no lenzo da memoria fértil e feliz… Tecido no que se inscriben signos e voces, sentidos e desexos, combinados e encaixados como pezas da maquinaria dun reloxo a pór en marcha o “péndulo poético”: “Entre a Voz e o Pensamento, entre o Pensamento e a Voz, entre a Presenza e a Ausencia, oscila o péndulo poético” (Paul Valéry, Teoría poética e estética).

6 comentarios en “O feitizo das palabras

  1. Apreciado Fidel:
    Ese día en que los anillos se deslizaron, por mis dedos …, fue porque el exceso de frío (una especie de delgadez momentánea) de aquella mañana, en que me metí a hacer unos trabajos, que requerían estar “fochicando” en el agua… Ha sido el factor desencadenante de esa delgadez prematura, y por ello se deslizaron los anillos por mis dedos como si los hubiera “embadurnado” en mantequilla.
    ¡Claro que te entendín, Fidel! Gustoume a túa resposta. E aínda que non fale galego, enténdoo e encántame lelo. E creo que non o fago mal.
    Un placer leerte.

  2. Apreciado Doctor:
    Diríache que te “entendo”, que no me digas máis Fidel, porque te fas “entender” moi ven, pero o reloxo e o que marca, día a día, as pautas para entendernos mellor.
    Podemos desesperar, pero ese péndulo— en movimiento—, del reloj de la vida, nos da tiempo a “zafarnos”, librarnos de todo aquello que nos molesta; aunque la voluntad, en ocasiones, nos indique lo contrario.— El péndulo del reloj, sigue su curso, oscilante, basculante. Y una pendiente de él, para que su tic, tac, no se detenga, dándole vida con una pila, o manivela, para que su mecanismo no se deteriore y así tenga “larga vida” como el César.
    Pero nuestro reloj biológico no se trata, por supuesto, de una máquina que muestra las horas y los minutos, sino de un conjunto de funciones orgánicas vinculadas al ritmo de la vida, por eso no nos queda otra que cuidarnos.
    Que Picasso decía: “yo no busco, encuentro”. No estoy de acuerdo con él, ya que difícilmente puedes “encontrar sin buscar”. Mira: ayer perdí una sortija de oro, y aun buscándola, por toda la casa… No pude encontrarla. Me quedaba realmente floja y como no me preocupé de sacarla… Se fue para no volver o eso parece. Digo esto porque durante el día una “mete la mano” en infinidad de cosas; a saber por donde se pudo ir, ya que los objetos más pequeños, son los más difíciles de encontrar. Lo siento de verdad.
    Me agradaría estar en la presentación de tu nuevo libro, el viernes.
    Mi recuerdo, desde Palmeira.

    1. Xa me entendes…, prezada Naty, o caso é que hoxe en día non se ven reloxos de corda, só se presume cos que van a pilas. Reloxos dixitais, sen péndulo que abanear e, de habelo, un puro adorno. A xente durante o lecer adoita dicir que está a recargar pilas. Non sei ben a que vén isto, nin sequera que significa realmente o de re-cargar pilas. Os homes a pilas.
      O tempo, os ritmos biolóxicos, os coidados da saúde, en efecto, debemos coidarnos. Outra cousa, recollendo a frase de Picasso, tamén poderiamos dicir que as cousas non se perden, poñamos un anel de ouro, senón que as perde a persoa que está por perdelas. A que veu iso de aguantalo tan frouxo no de dedo sabendo que se podía perder? E conseguíchelo. Bravo polo éxito…, xa me entendes.
      Unha forte aoperta e saúde.

  3. Bos días, Fidel:

    Sempre reparo moito nos títulos dos libros e artigos. “O feitizo das palabras” xa me fixo ser consciente de que iba a ser unha entrada moi boa. Dis, que Picasso dicía que el non buscaba, que atopaba. Eu, busco, métome en Café Barbantia para atopar cousas boas e todolos días as atopo. Xa ves, fago caso do que ti dis “Quen atopa só pode ser aquel que anda na busca”.

    Onte comecei a ler un libro que se chama “Trobar no ar” e atopei unhas palabras tan bonitas que non te podes imaxinar, Fidel. Por exemplo: “as súas estrelas amigas sempre respondían co seu baile de místico sixilo a tan fermosas verbas engarzadas”. Non che parece unha preciosidade!! Póis en cada páxina encóntranse xoias así.

    O da agulla imantada está xenial, pero a ti, non fai falta que che orienten nin occidenten, penso que nunca perdestes o rumbo.

    Moitos castos biquiños. CASTO ou TOSCA.

    P.D “Trobar no ar” e de Xosé Manuel Lobato. Moi recomendable.

    1. “fermosas verbas engarzadas”, que ben soan as palabras. Acertas no que dis de “Trobar no ar”, de de Xosé Manuel Lobato. Xa que estamos de verbas e de libros, aproveito para anunciarche que o o venres que vén, no Lustres Rivas de Ribeira, ás 20,30, estaremos alí, acompañados de Manuel Cartea e Xesús Laíño, coa presenza do alcalde Manuel Ruiz, para presentar a mia obra “A culpa do pai”. Se non tes outra cousa mellor que facer conto contigo, coa atenta Magdalena. Apertas e saúde. O PAPO na POPA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>