Pilar Sampedro. Hai premios que non dan acadado a difusión que merecerían aínda que só fose porque acadalos leva implícito a súa publicación, ademais dun importe económico importante. Hainos que, incluso, se subdividen ou multiplican porque unha vez seleccionado o texto ábrese un novo certame para escoller quen vai realizar a ilustración. Si, estou a referirme ao Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez que promove a Deputación de Ourense en lembranza desas dúas irmás que foron pioneiras no campo da Literatura Infantil e Xuvenil Galega.
Unha iniciativa moi encomiable que, ao meu entender, non acada todas as súas finalidades ao non chegar de maneira natural ás persoas ás que vai destinada (tanto rapazada como mediadoras). A súa distribución, polas razóns que sexa, semella limitarse á provincia de Ourense, pero incluso a súa repercusión nos medios de comunicación tampouco é a que merecería. Como é posible que a Deputación non teña recollido na súa páxina o listado de libros que acadaron o premio? Cando buscas en internet, aparece unicamente a convocatoria e a acta da última concesión. Terá que ser unha funcionaria comprometida a que me dea acceso a esa documentación. Direi máis, atopar as cubertas destes libros na rede convértese nunha proeza. Por exemplo, de As historias da Ogra Pinta unicamente obtiven un fragmento.
Este descoñecemento chama a atención cando entre as escritoras e escritores ganadores abundan as recoñecidas como Celia Díaz (que acadou o premio no 2003 con Adeliña e no 2011 con Rugando), Breogan Riveiro (no 2006 con A Historia máis incrible que nunca liches), Miro Villar (en 2007 con O nariz de Fiz), Concha Blanco (no 2008 con Encontros ás agachadas), Xoán Babarro (no 2009 con Palabra era un universo paralelo), María Canosa (no 2010 con O papaventos de Laura) Eli Ríos (no 2014 con Bicha), Antonio Yáñez (no 2016 con Do meu nome e outras trapalladas), Ánxela Gracián (no 2017 con As historias da ogra Pinta), Rafa Villar (en 2018 con O libro dos outros oficios)… Non sucede o mesmo cos ilustradores e ilustradoras, onde unicamente podo recoñecer dentro deste campo, a David Pintor, Nuria Díaz, Dani Padrón, Jacobo Muñiz ou Alberto Vázquez; aínda que os nomes cos que aparecen poden despistarnos como Daniel Iglesias Padrón, Jacobo Muñíz López ou Alberto Jesús Vázquez Rico.
Outro aspecto a ter en conta podería ser o feito de que escribindo, tanto Pura como Dora Vázquez non só narrativa infantil senón tamén teatro e poesía, o certame que leva o seu nome acolle unicamente narrativa, a raíña dos xéneros. Raíña porque é o que se convoca maioritariamente, o que máis se le, o que máis se escribe, o que máis se publica… polo tanto o que necesita menos apoio. De calquera maneira, hai que entender que sempre se agradece a convocatoria dun premio de literatura e que as observacións que se fan buscan unicamente a mellora.
Toda la tarde intentando subir el comentario y ahora resulta que aparece duplicado. está visto que no doy una…
Ante todo: quiero dar las gracias a Pilar Sanpedro por el magnífico y oportuno artículo que nos da ocasión -a Magdalena y a mí- de hacer eco de la obra literaria de José María Rodríguez Tobío que, partiendo de un hecho histórico más o menos real (el de las incursiones viquingas en nuestras tierras gallegas), acaba escribiendo un bonito relato amoroso entre la gallega Aldara y el viquingo Ferjënsen, sin menoscabo de los temas históricos, geográficos o culturales para los que, sin lugar a dudas, tuvo que visitar diversas fuentes.
Ya que, por una serie de imperativos, llevo largo tiempo sin asomarme al ordenador, me adhiero por completo a lo expresado por Magdalena, que ha sido la que me ha puesto al corriente de la altruista entrada de Pilar Sampedro. Un abrazo.
Ante todo: quiero dar las gracias a Pilar Sanpedro por el magnífico y oportuno artículo que nos da ocasión -a Magdalena y a mí- de hacer eco de la obra literaria de José María Rodríguez Tobío que, partiendo de un hecho histórico más o menos real (el de las incursiones viquingas en nuestras tierras gallegas), acaba escribiendo un bonito relato amoroso entre la gallega Aldara y el viquingo Ferjënsen, sin menoscabo de los temas históricos, geográficos o culturales para los que, sin lugar a dudas, tuvo que visitar diversas fuentes.
Ya que, por una serie de imperativos, llevo largo tiempo sin acudir al ordenador, me adhiero por completo a lo expresado por Magdalena, que me ha puesto al corriente de esta altruista entrada. Un abrazo.
Pilar, si hubese tido unha mestra coma ti, outro galo me cantaría. Coñecese polo que escribes, e tal como o escribes, que vives o mundo das letras con paixón. Noraboa.
Sobre o que dis dos premios que non chegan a ter a difusión merecida, tes moita razón. Pasa moitas veces con libros que merecen ser lidos polo alto contido de cariño e traballo conque o seu autor os creou, e están nas librarías pousados comendo po.
José María Rodriguez Tubío, coñecido tamén por “Xardón” escribiu “Liorta viquinga” (primeira e segunda parte) de unhas cen páxinas cada exemplar. Un traballo feito con moito amor e sabedoría. Tampouco el, chegou a alcanzar o recoñecemento que o seu traballo merece. Recomendo a súa entretida e sencilla lectura.
Moitas grazas, Pilar, e disculpa todolos meus erros ortográficos.
Unha aperta dende Palmeira.