Francisco Landeira Sevilla, un bispo nado en Ribeira

O Escritor. Carta_pastoral_Francisco_Landeira_Sevilla[1889]Pastor Rodríguez. Nado en Ribeira o 23 de maio de 1804, Francisco Landeira e Sevilla ocupou Cátedra de Dereito Canónico na facultade de Teoloxía de universidade de Granada cando só tiña 23 anos. En 1829 pasou á cátedra de Madrid, onde permanecerá ata 1850. Máis tarde foi bispo de Teruel, lugar no que comezou a publicar os seus escritos pastorais dende 1850, entre eles a Carta pastoral del Ilmo. Sr. Don Francisco Landeira y Sevilla al clero y pueblo de su diócesis (Teruel, 1853). En 1861 pasou a ser bispo de Murcia, cargo que ocupou ata a súa morte en Lorca o 15 de setembro de 1876, aínda que en 1872 estivera nomeado para ocupar a sé da Habana. Foi padre conciliar no Vaticano I, onde defendeu a infalibilidade papal. Polemista moi reaccionario, opúxose á liberdade de ensino en 1869 e ao matrimonio civil en 1870. Foi académico correspondente da Real Academia Española e a partir dos anos 60 reuniu as súas Cartas pastorales en tres tomos. Participou tamén en política e, no momento da súa morte era senador vitalicio. Sobre a súa figura escribiron María España Talón, El obispo don Francisco Landeira. Su vida y su tiempo (Murcio, 1961), o historiador de Ribeira Daniel Bravo Cores: “Un ribeirense, obispo de Murcia” e “Un prelado reconocido por el Papa”, artigos aparecidos en La Voz de Galicia o 23 e 24 de maio de 2001, mais tamén José Landeira Irago para a Gran Enciclopedia Galega. O seu nome debe unirse ao doutros prelados do Barbanza como os rianxeiros Severo Araújo e Silva (1846-1910), bispo auxiliar de Compostela en 1906, e Santiago Agrelo, arcebispo de Tánxer, este tamén bo poeta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *