Na praza Tahrir, verán de 2011

B09888Z2BX.01._SCLZZZZZZZ_SX500_Xerardo AgraFoxo. Entrar na Praza Tahrir era complicado se non actuabas con cautela. Ler esta obra devólvenos a aquelas incertas horas. Despois da morte de Naguib  Mahfuz, o Premio Nobel de Literatura de 1988, Alaa Al Aswani (O Cairo, 1957) é o narrador exipcio con máis proxección internacional, sobre todo polo éxito da novela levada ao cine co título de O edificio Yacobián. Este intelectual, que estudou odontoloxía en Chigago e castelán en Madrid, publica agora esta novela sobre a revolta que sementou a Primavera Árabe no seu país. A partir das historias de varias persoas da complexa sociedade cairota, o autor narra aqueles días de xaneiro do ano 2011. Unhas xornadas que provocaron a caída de Mubarak, a cabeza máis visíbel dun goberno corrupto e represor. Un réxime que Al Aswani censura a partir dos personaxes máis comprometidos na loita contra a  noxenta ditadura. O compromiso do escritor co seu país levouno a apoiar despois a vitoria democrática dos Imáns Musulmáns no ano 2012 e, dada a deriva autoritaria destes, ver con bos ollos o golpe de Estado do xeneral Al Sisi ao ano ano seguinte, a quen tamén criticaría polos mesmos motivos. Unha circunstancia que empurrou a Aswani, despois de sufrir dous atentados e unha demanda da fiscalía militar por insultos ao presidente, cara ao exilio norteamericano, onde teceu La república era esto (2021), un extraordinario libro prohibido no seu país. Na Praza de Tahrir respirábase ledicia, un sentimento que Al Sisi esnaquizaría sen piedade, tal como fixeran os tanques de Mubarak cos corpos dalgúns manifestantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *