A proposta

mago-usando-telefono-movil-sobre-fondo-negro_216950-1128Óscar Reboiras. Preme de novo o botón, pero o móbil permanece inalterable. Esquece que estes trebellos non reaccionan cando tes posto guantes de veludo. Quítao e, entón si, o número dá ton. Está a piques de colgar cando, do outro lado, escoita unha voz algo distorcida.

—Si?

—Menos mal que dou contactado contigo. Xa estaba a piques de colgar e darme por vencido.

—No Courel témosche moi mala cobertura. Ou me colles tomando o chato no bar coma agora ou esquécete. Na casa na que vivo, nin unha raia hai.

—O importante é que ao final podemos falar.

—A todo isto, quen es?

—Sonche un colega de profesión. Chamaba para facerche unha proposta.

—Xa che aviso que de cartos non ando sobrado.

—Por iso non te preocupes. A min o diñeiro sáeme polas orellas. No seu día descubrín unha goma que cheiraba ben ao queimala, patenteina, mellorei o produto e agora véndese en todo o mundo.

—Pois non sei entón en que che podo axudar.

—Verás. Levo moitos anos formando equipo de traballo con dous colegas e xa non podo máis.

—Non sei de que te queixas. Eu levo toda a vida a traballar só e acaba un rebentado.

Apalpador_enteiro—Xa, pero no meu caso é como se non existise. Todo o protagonismo é para os demais. Síntome un segundón, alguén de recheo.

—O mesmo que me pasa a min.

—Ves, é que o sabía? Dixen para min, Gaspar, tes que chamar o Apalpador que ten cara de boa xente e de saber polo que estás a pasar. De seguro que fas bo caldo con el.

—Pero ti es Gaspar, o rei Mago?

—O mesmo!

—Pero home, ti estás a outro nivel. Como vas romper con Melchor e con Baltasar?

—Alá se maten entre eles dous. A min puxéronme de pagafantas e paso de seguir facendo o parvo.

—E ti cres que entre ti e máis eu lles poderemos facer sombra?

—E tanto que si. Non che dixen que me sobran os cartos? Contratei unha axencia de publicidade e de márketing. Nestes tempos a imaxe é fundamental. Hai moita xente sensible cos máis desfavorecidos e nós que somos se non dous esquecidos. É hora de que nos escoiten.

—Vexo que o tes todo pensado.

—Non o sabes ti ben. Dous mil anos aguantando dan para moito. Conto contigo entón?

—Tal e como mo pos, que remedio.

—Por certo, tes Instagram?

—Que é iso?

—Nada, déixao todo nas nosas mans. Mañá mándoche para aí un equipo de estilistas. Agora lévase o estilo hipster, así que teremos que cortar un pouco o pelo, domar a barba e baixar barriga.

—Non me digas iso! Co cariño que lle teño eu á miña barriga.

—É cuestión de dar unha imaxe saudable. Mira Papá Noel, untado pola Cola Cola e pola industria alimentaria. Son novos tempos e hai que aproveitar o momento.

—Se ti o dis?

—Outra cousa. Haiche que cambiar tamén o nome. Apalpador a moitos pais non lles soa ben.

—Diso nin falar. O nome non mo toca ninguén.

—Xa está decidido. A próxima campaña pasarás a ser coñecido como DJ Palpi. Para darnos a coñecer imos gravar un reguetón con Bad Bunny e con Jennifer López. Número 1 a nivel mundial seguro.

—Con Jennifer López?

—Esa é a actitude. Imos falando. 2022 vai ser o noso ano!

3 comentarios en “A proposta

  1. Disculpa por lo de Sr. Reboiras:
    Suelo hacerlo con la gente que no conozco. Sin embargo, algo me decía que eras joven. La culpa la tiene, el haber sido educada a la antigua usanza.

    Me encantaron tus narrativas sobre los Almanaques y Reyes Magos. Disfruté mucho leyéndote. Y no me digas que han sido absurdos tus comentarios. Eso suelen ser lo míos, sobre todo, absurdos; “sin pés nin cabeza”, pero que disfruto con ello. Lo siento por vosotros.

    Sobre los Reyes Magos, puedo decirte que siempre tuve predilección por los tres, pero desde que me enteré, por ti, que Gaspar no era trigo limpio…, ha perdido encanto ante mí. (sonrío)

    Sobre el famoso taco del Corazón de Jesús, puedes encontrarlo en Ribeira, pero sin demorarse demasiado en comprarlo porque desaparecen en un santiamén. A mí me encanta por las cosas curiosas que trae en cada una de sus hojas.- Ya ves como se venden a juzgar por lo que dices.

    Termino diciéndote, que creí no me contestabas. Menos mal que Magdalena me dijo que lo harías, pero de verdad que ya estaba perdiendo toda esperanza de que lo hicieras.- Para mí, es un placer leeros porque sois magníficos escribiendo, por eso agradezco de corazón, vuestras respuestas.

    Un GRAN abrazo par ti, desde Palmeira.

  2. Sr. Reboiras:
    Ante propostas destas características, ata eu iría con Gaspar, pero recoñezo que lles está a facer unha “fea tarefa” aos seus compañeiros, e tamén o trastorno que provocaría, ao quedar só con dous Reis Magos.
    A mí lo de “Apalpador”, sinceramente, no me suena nada bien, pero estamos en un mundo tan diverso que cualquier cambio, por muy inverosímil que nos parezca, incluso puede resultar aceptable. Pero está claro que el desconcierto que se armaría, sobre todo, en aquellos países donde se celebra el día de Reyes… Sería tremendo.
    Considero, bajo mi punto de vista, que es hacerle la competencia a Melchor y Baltasar, pero una “competencia desleal” por parte de Gaspar. Y encima con Jennifer López. ¡Menudo el Gasparcito!

    Me agradan tus narrativas.

    Felices reyes, pero con algún regalito.

    Un cordial saludo.

    1. Naty, o de Sr. Reboiras sóame a maior ou á miña nai antes de botarme a bronca. E todos somos sempre novos, teñamos a idade que teñamos 😀

      De cando en vez apetéceme facer un relato desenfadado, que sexa un pouco tolo e mesmo absurdo. De aí xurdiu esta idea. Pero o certo é que nas cabalgatas sempre teño a sensación de que os nenos ou son de Melchor ou son de Baltasar (eu era e son de Baltasar). Así que o pobre Gaspar fai máis ben vulto. Está, pero non é o favorito de ninguén. Normal que o home queira probar fortuna por outros derroteiros.

      A min o nome do Apalpador tampouco me convence. Pero creo que lle pasa un pouco como a Gaspar, que son un pouco (que non se entenda mal) os “perdedores” ou os personaxes secundarios destas datas. En Cataluña arrasa o Tió de Nadal (un tronco que se tapa cunha manta) e en Euskadi fai o propio o Olentzero (un personaxe bastante parecido ao noso). Pero en Galicia non acaba de callar.

      Agardo que che fixera pasar uns minutos agradables!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *