Na procura da “villa romana” de Portosín

Restos dun sartego que se atoparon na igrexa de San Sadurniño de Goiáns en 1992
Restos dun sartego que se atoparon na igrexa de San Sadurniño de Goiáns en 1992

Víctor Barbeito Pose/Julián Bustelo Abuín. Cacheando por unhas notas sobre achados antigos na comarca do Barbanza, atopamos unha referencia curiosa: resulta que o cóengo, historiador e arqueólogo don Antonio López Ferreiro (1837-1910), mestre de Arqueoloxía Sagrada e que, xunto con José María Labín Cabello e dous operarios, foi o primeiro que escavou na Seo compostelá á procura dos restos do apóstolo Santiago. Sería en 1879, e logo de varias xornadas nocturnas de escavación, cando deron cos restos óseos atribuídos ao Apóstolo e aos seus discípulos Atanasio e Teodoro que, a pesar de estar baixo a protección do cardeal Payá i Rico, chegoulle a causar algún desgusto; a pesar diso, e grazas aos descubrimentos, o papa León XIII promulgará en 1884 a bula Deus Onmipotens confirmando a autenticidade das reliquias do apóstolo Santiago o Maior.

A fábrica e almacén de salga está a un tiro de pedra da igrexa de San Sadurniño de Goiáns, lugar no que se atopan os restos dun sartego aparecido en xuño de 1992 durante a remodelación do interior da igrexa, que estaba reutilizado como lousa de pavimento. Trátase dunha placa de mármore branca decorada e con campo epigráfico en distinto estado de conservación que dificulta a súa interpretación. Algún especialista ten apuntado que a procedencia da peza é do norte de Italia, de arredor da primeira metade do século V d. C., o que pon de relevo a existencia dun dominus cun alto poder económico e, seguramente, social e político. Unido a isto, no contorno téñense recuperado restos de tégulas e algúns anacos de cerámicas romanas de alta calidade, amais da localización dalgún outro elemento significativo.

Resumindo: as evidencias dispoñibles son indicios suficientes para asegurar que na zona se ergueu un posible asentamento romano que dispuña nada menos que dun mosaico, e o propietario tiña posibles como para facerse cun sartego procedente das costas italianas. Algúns autores consideran que se trata dunha villa a mare, igual que podía ser a villa de Centroña (Pontedeume), Noville (Mugardos) ou Toralla (Vigo). Sexa como for, hoxe este espazo non ten o recoñecemento arqueolóxico que merece; desafortunadamente non consta como protexido no catálogo do instrumento urbanístico en vigor aprobado en 2016 como xacemento arqueolóxico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *