Mulleres silenciadas

desterradasPilar Sampedro. O silencio co que se envolveron as vidas e obras da parte feminina da humanidade é coñecido. Día a día van saíndo á luz diferentes historias de mulleres que tiñan que ter alcanzado celeridade e permaneceron no lado escuro do escenario. Sucedeu en todos os ámbitos, na ciencia e nas letras, nas artes e na política…

É ben certo que o papel que se lle asignou á muller, recluíndoa no espazo privado ou conducíndoa ós labores que eran menos valorados, remitíndoa aos coidados, ás tarefas anónimas e á sombra de pais e cónxuxes, colaborou nesta invisibilidade.

Nos tempos actuais dáse un empeño por ir correndo velos e ir abrindo luz sobre o pasado das mulleres, reivindícanse os labores considerados femininos porque normalmente son esenciais e chámanse notarías para que dean conta das historias que a Historia ocultou. Unha delas é a que aparece no libro As desterradas, de Carmen Varela. Unha obra de teatro que acadou o XXV premio Álvaro Cunqueiro de Textos teatrais.

Mentres escribo vénme á mente unha frase que acostuma ser certa: “As mulleres non se salvan soas”; é dicir, cando se liberan conseguen rescatar con elas outros grupos sociais. Cando se traballa a educación para a igualdade nese saco ademais do respecto para as mulleres estase a reclamar para a diversidade sexual e familiar, para as novas masculinidades (ou para aquelas que estiveron tamén asoballadas ao longo do tempo)… E así sucede con este libro.

Nace dunha iniciativa da asociación O sorriso de Daniel, cando se poñen a limpar o mosteiro de Albeos e, ao investigar a súa historia, atopan o enfrontamento desatado entre a Coroa de Castela e os mosteiros bieitos galegos nos séculos XV e XVI. Unha resistencia “protagonizada por un pequeno grupo de monxas que mantiveron unha valente e desigual pelexa cos grandes poderes do seu tempo: a coroa e o papado”.

Unha historia descoñecida da que algo nos adiantara Ramón Nicolás en O espello do mundo a respecto do mosteiro de Ramirás, pero que agora se multiplica nun eco que fala da Historia oculta. Un relato no que se pode ler o empeño por deixar sen ningún poder as mulleres naquelas illas de autonomía que eran os mosteiros femininos daqueles tempos, pero tamén de someter o poder relixioso galego baixo o peso de Castela. Mulleres e país en mans alleas, patrimonio abandonado. Por iso, o feito de que sexa unha muller, Carmen Varela, quen (no nome de quen restaura coas mans) escriba unha obra de teatro (o xénero máis minorizado da nosa literatura) acae. Que ese libro, a súa primeira obra, acade un premio é algo co que temos que felicitarnos porque unha muller descorre o pano, porque unha asociación defende o patrimonio, e porque ás veces o azar é xusto e compensa minimamente as barbaridades das que somos testemuñas.

3 comentarios en “Mulleres silenciadas

  1. Pilar:
    No se perderán esos derechos porque, al igual que el hombre, somos muy necesarias. Y más aún por los roles que, desde la infancia, nuestros padres nos han inculcado como mujeres.
    El mundo no se movería igual sin la presencia de la mujer.
    Mis saludos.

  2. Pilar:
    No sé como se les puede calificar de “desterradas” a mujeres que han estado siempre en primera línea de fuego, por decirlo de alguna manera. Comenzaron siendo las “cenicientas” de sus hogares, con el título de “amas de casa” haciendo de cocineras, lavanderas, planchadoras, esposas, madres, enfermeras, etc. Y por último, viendo que eso no era suficiente, porque como trabajo no estaba ni considerado, ni remunerado… Intentaron hacerse un hueco en el mercado laboral. Por eso, una vez que tuvieron acceso a la universidad, aprovecharon para ponerse a estudiar, y demostrarse así mismas que, ellas, estaban capacitadas para algo mas que para las labores del hogar. Que podrían ponerse a la altura del hombre para desempeñar cualquier tipo de profesión universitaria. Y, a partir de ahí, dejaron la “escoba y fregona” para incorporarse a la vida laboral.

    Después de esta pequeña introducción, considero que la única diferencia, entre el hombre y la mujer, es: su anatomía y fuerza física. Nada más porque, intelectualmente, están a la par. Y termino.

    1. Grazas, Naty, creo que coincidimos nesa visión do papel que se lle encomendou á muller. O certo é que, por esa mesma razón, nos chama máis a atención que cando tiveron algo de poder e independencia lle fora cercenada desa maneira e, por riba, sexa un anaco da nosa historia tan silenciado.
      Esperamos que non se perdan, que non se deixen perder, os dereitos que con tanto traballo se reclamaron.
      Un saúdo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *