Cuestión de datas

?????????????????????????Marina Losada Vicente. Tivo mala sorte, moi mala sorte. Un cambio de nome da súa rúa provocou que cando foi á policía renovar o carné lle pediran un certificado de empadroamento. Cando llo levou, a axente reparou en que aparecía como nada no 1946 cando no DNI constaba o 1948. Celsa insistiu que iso non era problema dela, que a data do novo documento tiña que ser a mesma que a do vello. A funcionaria mantívose firme. Atopado o erro, tiña que corrixirse, ben fose na base de datos da DGT, ben fose na do concello, cuestión que aclararía un certificado literal de nacemento.

A indefensa cidadá, véndoas vir, prometeulle que para a próxima renovación pasaría polo Rexistro Civil, mais que agora precisaba o carné con urxencia, que tiña que ir de excursión ao día seguinte. A funcionaria dille que llo van dar permanente, e que nun futuro podería traerlle problemas esa irregularidade.

-Que me importa a min o futuro? O que non quero é que o meu home caia na conta, despois dunha vida xuntos, de que lle levo dous anos!

Un comentario en “Cuestión de datas

  1. Marina:
    Siempre el problema de la edad entre nuestro gremio. A mí no me preocupó nunca ese tema porque siempre me sacaron años. Sin embargo, como la edad se te echó encima, hoy me gustaría añadirlos de nuevo, pero para que esos me sirvieran para estirar, un poco más, los años de vida. Y con salud que es lo interesante porque de poco sirve, tener menos años, si estás “escarranglada”.

    Y esto es todo querida Marina.
    Un beso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *