Un mestre en Palmeira

O escritor. La_perla_agricolaPastor Rodríguez. Grazas ao seu conterráneo Francisco A. Vidal, énos agora coñecida a figura, e a obra, de Ignacio Martínez Malvido, nado en Sanxenxo en 1839, pero afincado en Palmeira, cando menos desde 1863, onde casou con Amalia Varela Mariño e, xa viúvo, en 1887, en segundas nupcias, con Vicenta Martínez Garabal. Mestre por oposición, estivo sempre moi preocupado pola situación socioeconómica do Barbanza, da que deu conta nos artigos publicados en La Voz de Galicia.

En 1885 editou en Vilagarcía, no prelo de Ladislao Rodríguez, unha obriña pedagóxica, La perla agrícola, ó sean Principios Generales de Agricultura teórico-práctica, un folleto de corenta e seis páxinas, estruturado en 11 partes e organizado coma un catón de preguntas e respostas, un modelo que xa seguira Manuel Murguía en La primera luz (1959) e logo outros mestres da nosa bisbarra como Vicente Piñeiro ou Hermida Juanatey. As preguntas e respostas de Martínez Malvido ocúpanse de cuestións agrícolas para que os seus alumnos, mentres aprenden a ler, aprendan os labores do campo. Grazas a Francisco A. Vidal, a Barbantia e ao Concello de Ribeira, que correu cos gastos, en 2019, reimprimiuse La perla agrícola, con prólogo do seu descubridor e engadindo un dos artigos do mestre aparecido o 20 de outubro de 1882. A obra ía dedicada ao catedrático Antonio Piay Álvarez.

Sería desexable que se reunisen os artigos de Martínez Malvido para coñecer a situación económica no Barbanza a fins do XIX. O mestre faleceu en Palmeira en 1930.

2 comentarios en “Un mestre en Palmeira

  1. Muchas gracias, Pastor, por tu labor de Cronista dando a conocer a una serie de personajes que de alguna manera dejaron huella en la historia de Galicia, entre ellos nuestro bisabuelo.
    A Francisco A. Vidal le dimos las gracias -en su día- en Café Barbantia por su magnífico trabajo de investigación, y también a Manuel Ruiz y Román Arén por sus prólogos tan importantes. A quienes sufragaron la edición y a Francisco A. Vidal, por su artículo en “La Voz De Galicia”, les mostré mi agradecimiento a través de mi blog. (Sé que algunas personas que escriben en este Café le echan de vez en cuando una ojeada, aunque no dejen constancia de ello dada su su simpleza).
    Un abrazo.

  2. Pastor:
    No te conozco, pero agradezco que hayas recordado, de nuevo, a mi bisabuelo.
    Cuando él murió, yo, aún no había nacido, pero por lo que mi abuela y madre me hablaron de él… Se le recordaba como una gran persona, y un maestro de gran corazón, inculcando a los alumnos su cultura y todo lo bueno de él. Guardo su Perla Agrícola como “oro en paño”. Gracias una vez más.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>