Marina Losada Vicente. Ten serios problemas de saúde nas costas. A súa columna debuxa un signo de interrogación, consecuencia de tantos pesos cargados ao lombo. Vinte anos leva vendendo a diario patelas de peixe porta a porta e carrexando sacos de berberechos, que ela mesma rabuñou ao mar, pingando auga sobre o corpo todo, na época na que o “rasteo”, a campaña de recollida de berberecho, se limitaba ao inverno. Entalada. Non llo conta ao médico, certo que tampouco el pregunta. Ama de casa, verdade? Que vai dicir, se non cotiza!
Acabado o recoñecemento -vértebra a vértebra-, o cirurxián, que rexeitou calquera tipo de intervencións por temeraria, deulle varias recomendación e fixo algunha prohibición expresa, entre outras cousas, a de tricotar.
A enfermeira, xa na sala de espera e sabendo como sabe o amiga que é a doente de darlle ás agullas, aclaroulle que tricotar é calcetar, cousa que, por dicir a verdade, Marcelina xa maliciara.
De volta na casa, a filla sorprendeuse e moito, de que o médico non lle quitara esa manía súa de estar calcetando para cada bebé nacido na parroquia, que entendía ben malo para a columna.
-Non miña filla, non, e sabes que xamais minto. O médico prohibiume moitas cousas, mais a palabra calcetar non saíu da súa boca.
Sempre existiron as medias verdades. E as verdades enteiras. Neste caso, a verdade enteira é que a certas idades non hai enfermidade que venza as tendencias dunha vida enteira. E como se dicía en Rianxo, sarna con gusto non pica! Bicos, Magdalena
Ainda que lle aplicaran o Pentotal sódico a Marcelina, non conseguirían nada, pois ela, (daquela maneira) dicía a verdade.
Moitos bicos, querida Marina.