50 sombras de Grey

greyGonzalo Trasbach. Ela chámase Anastasia Steele (Dakota Johnson). Estudante de literatura que ademais nas horas libres traballa nunha ferraxaría. El é Christian Grey (Jamie Dornan). Guapo e multimillonario. Teno todo, pero tamén un lado escuro: unha tendencia sado sexual. Ela atópase co macizo Chris por azar. Tras caer enferma a súa compañeira de piso, esta pídelle que a substitúa para ir entrevistalo. Acode así por vez primeira ao edificio Grey  House, que, casualidade?, xa ten forma fálica, e é onde traballa e vive o protagonista.

A estas alturas xa case todos sabemos que a película de Sam Taylor-Johnson non respondeu  nin por asomo ao enorme aparello publicitario e mediático, e tampouco á polémica de se é ou non machista, que se argallou antes da súa estrea. E din que tampouco está ao nivel do best seller de E. L. James do mesmo título no que está baseada a película. Vaia por diante que as prometidas tórridas escenas sexuais ou de porno duro e salvaxe non son tal. Resultaron unha decepción: apenas un conglomerado de beliscos porno máis ben brandos.

grey 2Non obstante, lembrando o que dicía  Plinio o Mozo, “non hai libro tan malo que non teña algo bo”, é de destacar a sorna que preside os primeiros tramos dun filme onde a prometida potencia e tensión erótica quedan nunhas azoutas, unhas palmadas nas cachas e moitos cus, masculino e feminino. Como se pode adiviñar, unha cousa moi light para quen lembra o Último tango en París (Marlon Brando e María Schneider; Bernardo Bertolucci, 1972) ou incluso Eyes Wide Shut (Tom Cruise e Nicole Kidman; Stanley Kubrick, 1999) ou mesmo a ambigüidade e a violencia sexual da dramática e tremenda escena que desencadeou o final brutal de Perros de paja (Doustin Hofman e Susan George; Sam Peckimpah, 1971). Ao mesmo tempo non está demais subliñar que Dakota Johnson está a altura que esixe o seu personaxe, e moi por enriba de Jamie Dornan, quen non dá a talla.

Dada esta situación e diante da falta de tensión entre os dous protagonistas, de potencia e profundidade nos diálogos (agás a sorna do comezo) centrei a miña atención no público que ateigaba a sala: maioritariamente feminino (de entre 18 a 40 ou máis anos). Canta admiración causaba entre os espectadores o guapo multimillonario e todas as posesións das que fai alarde diante da moza. Non paraban os comentarios sobre os cuartos, os coches, sobre o helicóptero e a casa…grey3 Só pensei que á cultura da pobreza xa non lle queda ningunha virtude, se é que algunha vez tivo algunha. Agora todos queremos ser ricos e coma os ricos. Houbo incluso suspiros acompañados de murmurios en algunhas escenas eróticas. Nunha delas, a que interrompe a chegada da nai de Chris ao piso, unha rapaza que estaba na ringleira de atrás dixo, entre risas sonoras, joder, agora que estaba a punto de correrme! O que non sei é se era certo ou unha burla.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *