Na morte de Herberto Helder

helderRomán Arén. Foise unha das grandes voces da poesía europea, o gran poeta portugués, con Mário Cesariny, do último medio século, quen amosou xa voz propia con O amor en visita (1958), pero que se converteu nun poeta imprescindible dende A colher na boca (1961), o gran alquimista verbal que fai das palabras o fío condutor dunha metamorfose que chega ás veces aos límites da linguaxe e dos sentidos. Poesía torrencial, ondulante, de raíz surrealista moi persoal, que dá nunha escrita volcánica o mellor de si mesma. A verdade é a testemuña da loucura, do seu ardor. Mais tamén se foi o gran prosista d’Os pasos em volta.Herberto Helder_Os passos em volta Porque canta o poeta, “un poema cresce inseguramente/na confusâo da carne,/sobe ainda sem palavras, só ferocidade e gôsto,/talvez como sangue/ou sombra de sangue pelos canais do ser”.

A morte de Helder amosa a pobreza cultura da prensa española, e da galega!, que o despacho en catro liñas nun curruncho. A ignorancia é atrevida, pero “já nenhum poder destrói as órbitas, a face amorfa das paredes,/a miséria dos minutos,/a força sustida das coisas,/a redonda e livre harmonia do mundo”. Porque “o poema faz-se contra o tempo e a carne”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *