Un mito do antifranquismo

roubeiPastor Rodríguez. Nado na Pobra en 1904 como José Fernández Vázquez, Sotomayor foi o seu nome revolucionario, aínda que tamén foi alcumado Noé. Socialista primeiro, logo comunista, fíxose famoso no mundo polo secuestro do barco Santa María, o que rebautizou como Santa Liberdade. O feito realizouno en unión co portugués Galvão e o galego Xosé Velo como o acto máis importante do D.R.I.L. para atacar as ditaduras de Franco e Salazar.

Sotomayor narrou a súa versión do secuestro no libro Yo robé el Santa María (Caracas, 1972) do que existe tradución galega de 1999 en Galaxia. Xa en 2010 apareceu unha versión ampliada en galego, en edición de Xurxo Martínez Crespo, co título 24 homens e mais nada. A captura do Santa María.

Loitador na guerra civil española, exiliado, con presenza revolucionaria en Laos, Camboxa e Vietnam, mais tivo tamén vocación literaria e deixou inéditas dúas novelas: Agraz, yo viví lo que pudo suceder e Un pequeño burgués en la guerra civil española, ademais dalgunha peza teatral e varios ensaios.

Da súa figura ocupáronse Jesús Pérez Besada e Luís Seoane, mentres que Miguel Bayón (Madrid, 1947) o converteu en personaxe da súa novela Santa Liberdade (1990) e Margarita Ledo Andión en protagonista do filme do mesmo título.

O secuestro ocorrera en 1961, e Sotomayor morrerá en Mérida, Venezuela, en 1986.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *