A vinganza do defunto, de Carlos Reigosa

viganzaXerardo AgraFoxo. Eliseo Sandamil, un rico empresario de 90 anos, realízalle un sorprendente encargo ao detective Nivardo Castro: quere que investigue a súa morte cando esta se produza. Sabe que ten moitos inimigos e, talvez porque tivo un pasado vinculado cos momentos máis difíciles da posguerra española, algúns deles seguramente o queren ver morto. Así comeza A vinganza do defunto (2014,) a última novela de Carlos Reigosa (A Pastoriza, 1948), e quinta entrega deste prolífico autor co mesmo protagonista daquelas páxinas de Crime en Compostela (Premio Xerais, 1984).

Para satisfacer a morbosa curiosidade do nonaxenario, Nivardo/Holmes e o seu inseparable Conde/Watson, deben mergullarse na época de “entreguerras”, cando Galicia se converteu na base de abastecemento de volframio para os exércitos da Alemaña hitleriana e o peirao de Vigo no punto de fuxida dos nazis que,  través das “ruta das ratas”, intentaban refuxiarse en Arxentina, o pais que tamén deben visitar os dous investigadores para resolver o enigma que agora espreita a súa curiosidade.

Cos seus diálogos áxiles, puntuais apuntamentos culturais e breves descricións, A vinganza do defunto resulta interesante, pola súa trama ben tecida e unha recreación histórica axeitada.

Un comentario en “A vinganza do defunto, de Carlos Reigosa

  1. La compraré Xerardo. Crime en Compostela la leí hace muchos años y recuerdo que me había encantado, además de describir tan convenientemente las calles y lugares de Santiago, es una novela muy amena e intrigante. Todavía la conservo. Con los libros hay que tener mucho cuidado, tienen tanta personalidad que cuando los dejas no regresan.
    Saludos palmeiráns

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *