O devoto do Nazareno

pastorPastor Rodríguez. Ángel José Patiño de Reloba, bautizado en Santiago do Deán, na Pobra, o 2 de marzo de 1735, pertencía a unha familia fidalga, con parentesco cos condes de Maceda e de Medina, no seo da cal xa houbera varios cóengos de Compostela, honra que el tamén acadou tras pasar polo colexio de San Clemente, de ser bacharel en Filosofía en 1754 e en Teoloxía en 1758. Licenciado e mestre en Artes en 1765, residiu en Madrid entre 1769 e 1771, onde intervén na edición da biografía do arcebispo Juan de San Clemente. En 1770, por nomeamento real, obtivo unha Prebenda en Compostela. Licenciou e doutorouse en 1771, acadando a cátedra de Prima de Teoloxía. En 1778 consta que era catedrático de Teoloxía Moral. Cóengo-cardeal da sé compostelá, xubilouse en 1805 e en 1806 fixo erixir a actual capela de Xesús Nazareno na parroquial do Deán, onde figura unha cartela na súa honra, posta tras a súa morte. Doara en testamento a súa biblioteca á Universidade de Santiago. Xa o seu tío, Juan Patiño Guiance e o seu sobriño Joaquín María González Patiño foron tamén cóengos composteláns. En 1779 publicou o folleto latino Angelus Josephus Patiño Altaris S. Jacobi Majoris ex Beneficio Minister, in grati animi signum, varietate Theseon Historico-Moralium intertextum, suscipit dilucidandum Jubiloeum Plenissimum, ab Alexandro III. P. Optimo, Maximo, Basilicae Compostellanae indictum saeculo XII. sub sequenti forma verborum.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *